Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Bustelo, sito nos concellos de Coristanco e Carballo (A Coruña), promovido por Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U. (IN408A 2017/02).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Greenalia Power, S.L.U., promovido actualmente por Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Bustelo (en diante, o parque eólico), constan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26.10.2017, Greenalia Power, S.L.U. (en diante, o promotor) solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a aprobación do proxecto sectorial das instalacións do parque eólico.

O 26.1.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) notificoulle ao promotor o cumprimento dos requisitos de capacidade do solicitante e da solicitude establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 31.1.2018, o promotor achegou o xustificante de pagamento da taxa correspondente á autorización administrativa das instalacións de parques eólicos.

Segundo. O 28.2.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que facía referencia o artigo 33.5 (na súa redacción vixente nesa data) da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Terceiro. O 28.2.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe a que facía referencia o artigo 33.4 (na súa redacción vixente nesa data) da mencionada Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. O 10.4.2018, o promotor solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 26.4.2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico como proxecto de interese especial.

Quinto. Polo Acordo do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña (en diante, a xefatura territorial), sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 27.6.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 27.6.2018. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Coristanco e Carballo), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados maioritariamente, en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– Solicitude de ampliación da servidume afectada e de planos de afectación dalgunhas parcelas afectadas.

– A instalación da torre anemométrica deixa a entrada a unha parcela moi reducida.

– Oposición ás servidumes proxectadas, por limitar e modificar os usos dos predios, coa conseguinte diminución das perspectivas económicas destas, ou por facer inviable o seu uso polo perigo físico que correrían o propietario e os seus bens.

– Na solicitude do promotor non se tivo en conta o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, polo que non se recollen as afeccións que se establecen nesta lei.

– As vías e gabias deben ser tratadas como afeccións de pleno dominio.

– Solicitude de denegación das autorizacións, da declaración de utilidade pública, así como da aprobación do proxecto sectorial do parque eólico, polas afeccións económicas, urbanísticas, sociais, naturais, patrimoniais e culturais; pola tramitación administrativa separada dos parques eólicos Bustelo, Monte Toural e Campelo sitos na zona, que comparten infraestrutura de evacuación e mesmo promotor, así como a presenza de múltiples instalacións xeradoras de enerxía na zona, aínda que estas sexan de distintos promotores.

– Solicitan a tramitación dos proxectos eólicos (Bustelo, Campelo e Monte Toural) como un único proxecto industrial, posto que coa fragmentación se evita unha adecuada avaliación ambiental ao ignorar os efectos sinérxicos causados polo conxunto dos proxectos sobre hábitats, especies, paisaxes, patrimonio, recursos e servizos ecosistémicos nas ADE.

– Solicitan que se escolla outra localización alternativa para o proxecto ao tratarse dunha área de especial interese paisaxístico e sensible para a flora e a fauna ao situarse á beira das zonas húmidas Lagoa de Alcaián e Marco do Couto.

– Non existe xustificación da necesidade do inicio dun proceso de utilidade pública por razóns de interese xeral, pois supón unha intervención na contorna con graves prexuízos nos valores da dita zona, mentres que o aproveitamento eléctrico pode obterse por outras vías.

– Solicitan o rexeitamento do proxecto posto que non se xustifica o seu interese especial nin a utilidade pública, dada a súa grave afección á paisaxe, aos ecosistemas, ás poboacións próximas e a falta dunha avaliación adecuada.

– A implantación dos parques eólicos (Bustelo, Campelo e Monte Toural) e da LAT Campelo Mesón é contraria aos intereses socioeconómicos dos veciños e ten un importante impacto negativo na saúde, no ambiente e na paisaxe.

– A recualificación como solo rústico de protección de infraestruturas enerxéticas impide o seu aproveitamento forestal.

– Solicitudes de que se teñan en conta as posibles afeccións de carácter ambiental (valores naturais, paisaxísticos, augas, arqueolóxicos, culturais,...).

– A instalación dun parque eólico non semella compatible coa protección de zonas húmidas (a Lagoa de Alcaián e o Marco do Couto), coa presenza de especies endémicas, tanto animais como vexetais, mesmo algunhas en perigo de extinción e/ou consideradas vulnerables como a Lycopediella inundata, a Euphorbia uliginosa, a Centaurea ultreiae (especie que só se dá nesta zona), a Woodwardia radicans ou a Spiranthes aestivalis que consta nesta zona.

– Os aeroxeradores AE7, AE8 e AE9 sitúanse en solo rústico de protección de espazos naturais, como a súa vía de acceso e gabia de cablaxe. O cambio na cualificación do solo suporía un perigo na conservación dos valores naturais, polo que non deberían situarse no dito espazo.

– Impacto visual, contaminación electromagnética, contaminación acústica; no mapa de afección do ruído obsérvanse zonas de solo rústico de protección de espazos naturais afectadas, con grave risco para a flora e a fauna do ecosistema e a saúde dos veciños; algunhas casas atópanse a menos de 500 ou 1000 m dos aeroxeradores, segundo o caso, así como varias poboacións con efectos sinérxicos polo ruído de dous parques sen que sexa avaliado debidamente.

– A empresa solicitante pode non cumprir os requisitos necesarios para acreditar a capacidade legal e económica para desenvolver a actividade.

– A Xunta de Galicia debe aplicar a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais lexislación ambiental en primeiro lugar, e en detrimento do regulamento do Plan sectorial eólico de Galicia.

– O Plan sectorial eólico obvia o Decreto 297/2008, do 30 de decembro, polo que se aproba o Plan de xestión do lobo en Galicia.

– Solicita a inaplicación do Plan sectorial eólico de Galicia debido á súa ilegalidade e invalidez, ao abeiro da lexislación ambiental actual e con base no principio de xerarquía normativa e nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas que vulneran normas de rango superior, como é o caso.

– Solicita a ineficacia da Resolución do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do 26 de abril de 2018, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declaran de interese especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas (DOG núm. 94, do 18 de maio) e de cantos actos administrativos deriven da tramitación dos proxectos eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural.

Solicita a nulidade de pleno dereito da declaración de impacto ambiental favorable do proxecto eólico Bustelo, por obviar e omitir a avaliación dos impactos do proxecto eólico Bustelo sobre o lobo, ao abeiro do Convenio de Berna e o Plan galego de xestión da especie.

– O rexeitamento do proxecto eólico Bustelo, mentres non se actualice e revise o Plan sectorial eólico de Galicia e a inaplicación deste, que se converteu nunha norma inválida e, por tanto, inaplicable ao non incorporar nin integrar na súa planificación a actual normativa ambiental e paisaxística, incluído o Plan de xestión do lobo de Galicia do ano 2008.

– O Plan sectorial eólico converteuse, polo transcurso dos anos, nunha norma inválida, polo cal se debe revisar e proceder á súa actualización inmediata. A fragmentación do territorio que implica na práctica o Plan sectorial actual dá lugar a unha fragmentación do territorio, dos hábitats e das paisaxes que deberá ser obxecto de avaliación e estudo global, por non estar nin avaliada, nin valorada nin cualificada. Polo tanto, non se poden adoptar medidas ao respecto, co obxecto de eliminar ou minimizar os impactos negativos para as familias afectadas por proxectos como o proxecto eólico.

– Fragmentación de hábitats e perda de biodiversidade derivada dunha deficiente e obsoleta planificación sectorial eólica.

– A fragmentación fraudulenta dun parque de maior potencia e dimensión, motivo abondo polo que ten que ser revogada a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico.

– A revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico por incorrer en nulidade de pleno dereito do artigo 47 e de anulabilidade do artigo 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ao prescindiren total e absolutamente do procedemento establecido e por infracción normativa ao basearse nun plan sectorial eólico inválido e ilegal.

Sexto. O 21.6.2018, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Cellnex Telecom, S.A., Retegal, Concello de Coristanco, Concello de Carballo, Consellería do Medio Rural, Deputación Provincial da Coruña, Augas de Galicia e Axencia para a Modernización Tecnolóxica (en diante, Amtega).

Sétimo. O 6.7.2018, Retegal, S.A. emitiu o correspondente condicionado. O 27.7.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Oitavo. O 6.7.2018, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado. O 27.7.2018, o promotor manifestou a súa conformidade, comprometéndose a solucionar as posibles deficiencias que puidesen vincularse á instalación do parque eólico e a poñer en coñecemento da empresa calquera cambio de localización dos aeroxeradores.

Noveno. O 11.7.2018, o Concello de Carballo emitiu informe. O 27.7.2018, o promotor achegou a súa resposta. O 9.8.2018, a xefatura territorial remitiulle ao concello o escrito do promotor, sen que se recibise resposta por parte do mencionado concello.

Décimo. O 16.7.2018, a Amtega emitiu o correspondente condicionado, baseado no informe do 10.7.2018 solicitado pola dita Axencia a Retegal. O 27.7.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo primeiro. O 24.7.2018, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado. O 22.8.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo segundo. O 30.7.2018, reiteráronse as solicitudes de emisión do correspondente condicionado técnico, efectuadas pola xefatura territorial o 21.6.2018, á Deputación Provincial da Coruña, á Consellería do Medio Rural e ao Concello de Coristanco.

Décimo terceiro. O 17.8.2018, a Deputación da Coruña emitiu o correspondente condicionado. O 24.9.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo cuarto. O 14.9.2018, a xefatura territorial emitiu o informe sobre o proxecto. Coa mesma data, remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo quinto. O 19.11.2018, o Concello de Coristanco emitiu o correspondente condicionado. O 11.1.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo sexto. O 7.2.2019, esta dirección xeral tomou razón do cambio de denominación social de Greenalia Power, S.L.U. a favor de Greenalia Wind Power, S.L.U.

Décimo sétimo. O 25.4.2019, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado.

Décimo oitavo. O 2.8.2019, o promotor presentou a documentación técnica actualizada coas modificacións introducidas no proxecto, derivadas dos informes emitidos polos diferentes organismos. Estas modificacións consisten, con carácter xeral, na eliminación da máquina AE05, no desprazamento das máquinas AE06 e AE08 cara ao sueste, no cambio do modelo do aeroxerador e no desprazamento do centro colector e da torre meteorolóxica, así como o necesario reaxuste na localización das cimentacións e das plataformas de montaxe, e no trazado dos vieiros e das gabias de cablaxe. Así mesmo, a potencia total instalada redúcese de 46,2 MW a 45 MW.

Decimonoveno. O 4.10.2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, un novo informe de acordo co establecido no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, na súa redacción vixente nese momento, en que se conclúe que as posicións dos 10 aeroxeradores seguen a cumprir a distancia mínima de 500 m regulada no punto 3.1 do Plan sectorial eólico de Galicia respecto das delimitacións dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable.

Así mesmo, no informe recóllese que, debido aos cambios incorporados ao proxecto, resultan preceptivos os mesmos informes sectoriais indicados no informe a que fai referencia o antecedente de feito segundo.

Vixésimo. O 11.10.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as novas separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Cellnex Telecom, S.A., Retegal, Concello de Coristanco, Concello de Carballo, Consellería do Medio Rural, Augas de Galicia e Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

Vixesimoprimeiro. O 28.10.2019, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado. O 5.11.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixesimosegundo. O 5.11.2019, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado. O 26.11.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixesimoterceiro. O 7.11.2019, a Amtega emitiu o correspondente condicionado. O 14.11.2019, o promotor achegou a súa resposta.

Vixesimocuarto. O 11.12.2019, reiteráronse as solicitudes de emisión do correspondente condicionado técnico, efectuadas por esta dirección xeral o 11.10.2019, ao Concello de Coristanco, ao Concello de Carballo, á Consellería do Medio Rural e a Retegal.

Vixésimo quinto. O 19.12.2019, o Concello de Carballo emitiu o correspondente condicionado. O 19.4.2021, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo sexto. O 26.3.2020, o Concello de Coristanco emitiu o correspondente condicionado. O 8.4.2020, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo sétimo. O 6.11.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante o Anuncio do 9 de novembro de 2020 (DOG núm. 238, do 25 de novembro).

Vixésimo oitavo. O 4.2.2021, a xefatura territorial emitiu informe en relación co proxecto de execución do parque eólico.

Vixésimo noveno. O 12.4.2021, o Instituto de Estudos do Territorio informou que, de acordo co establecido na disposición transitoria única do Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as directrices de paisaxe de Galicia, non é obrigatorio que o proxecto do parque eólico adapte o seu contido ás ditas directrices.

Trixésimo. O 21.4.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais autorizou a transmisión de titularidade do parque eólico a favor de Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U.

Trixésimo primeiro. O parque eólico conta cos permisos de acceso e conexión á rede de transporte para a potencia obxecto desta autorización, de acordo cos informes do xestor da dita rede do 3.4.2018 e do 4.7.2018.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes:

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento en virtude do artigo 20 Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En canto ás alegacións relacionadas coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como coas compensacións económicas que poidan percibir as persoas afectadas pola eventual expropiación daqueles, cómpre indicar que se terán en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución.

En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegue a un acordo entre a promotora e as persoas afectadas, durante o procedemento expropiador fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

2. No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas teranse en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante esta resolución conta con informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como se recolle no antecedente de feito décimo noveno.

3. No relativo ás afeccións de carácter ambiental do proxecto e afeccións ao patrimonio cultural, natural e paisaxístico, e aquelas referentes aos niveis de ruído e ao efecto shadow flicker, así como os posibles efectos acumulativos ou sinérxicos, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental que corresponde, resultado do cal a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou, o 6.11.2020, a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico, onde se recollen as condicións en que pode desenvolverse o proxecto desde un punto de vista ambiental, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Axencia de Turismo de Galicia, Augas de Galicia, Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Concello de Coristanco e Concello de Carballo.

4. Con respecto á fragmentación dos expedientes dos parques eólicos Bustelo (IN408A 2017/02), Monte Toural (IN408A 2017/17) e Campelo (IN661A 2011/16), así como da LAT 220 KV Campelo-Mesón (IN408A 2018/14), cómpre efectuar as seguintes consideracións:

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «Instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental».

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria). Dito noutras palabras, as presuntas vantaxes que desde o punto de vista da tramitación ambiental podería ter un fraccionamento non son tales, xa que a existencia doutros parques eólicos nas proximidades obriga a realizar o trámite ambiental ordinario para o novo parque.

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban incluír os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

O estudo de impacto ambiental do parque eólico obxecto da presente resolución inclúe un estudo dos efectos sinérxicos con parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna, entre eles os parques eólicos de Campelo e Monte Toural, así como a LAT 220 kV Campelo-Mesón, que constitúe a liña eléctrica de evacuación destes tres parques.

Cómpre sinalar que nada impide, dende o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que «...unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir o lugar dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, coma o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020 modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o uso compartido delas por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na dita Sentenza do 11 de decembro de 2013, «non se podería dar un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se persegue neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, pois reduce as superficies afectadas polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluídas liñas e subestacións.

Neste caso concreto, e como xa se mencionou, o parque eólico Bustelo comparte infraestruturas de evacuación cos parques eólicos de Campelo e Monte Toural, o que non impide que os tres teñan carácter unitario e que poidan funcionar de forma independente, posto que cada un deles dispón dos correspondentes equipamentos de corte e medida da enerxía, e que ao mesmo tempo supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

5. No que respecta ás consideracións efectuadas sobre a falta de xustificación da necesidade dun procedemento de declaración de utilidade pública, e ás solicitudes de denegación da dita declaración, cómpre indicar que estas alegacións se terán en conta na resolución que finalmente se adopte sobre esta cuestión.

6. No presente procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, verificouse o cumprimento dos requisitos de capacidade (legal, técnica e económica) do solicitante e da solicitude a que fai referencia o artigo 29.2 da dita lei.

7. Na tramitación da declaración de interese especial do proxecto cumpríronse os requisitos e seguiuse o procedemento establecido na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Esta declaración de interese especial ten como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.

De conformidade co artigo 33.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non caberá recurso ningún contra o acordo que declare a aplicación da tramitación de urxencia ao procedemento, sen prexuízo do procedente contra a resolución que poña fin ao procedemento.

8. En resposta ás alegacións en que se solicita a nulidade ou a revisión da declaración de impacto ambiental, cómpre remitirse ao disposto no artigo 41.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o cal establece que «A declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto».

9. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, reiterando neste punto o disposto no anterior Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Cuarto. A continuación, recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Bustelo, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 6.11.2020, e recollida no antecedente de feito vixésimo sétimo desta resolución:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Bustelo, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Bustelo.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para o parque eólico Bustelo, sito nos concellos de Coristanco e Carballo (A Coruña), promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U., para unha potencia de 45 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución do parque eólico composto polos seguintes documentos, asinados pola enxeñeira de minas María Moreno Martínez, colexiada nº 3229 do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste:

– Proxecto de execución do parque eólico Bustelo nos termos municipais de Coristanco e Carballo (A Coruña). Xullo 2019, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste o 1.8.2019 (folio 47, asento 374).

– Addenda ao proxecto de execución do parque eólico Bustelo, nos termos municipais de Coristanco e Carballo (A Coruña). Xaneiro 2021.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U.

Domicilio: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación: parque eólico Bustelo.

Potencia que se instalará: 45 MW.

Concellos afectados: Coristanco e Carballo (A Coruña).

Produción media anual neta estimada: 139,748 GWh/ano.

Horas anuais equivalentes: 3.105 horas.

Orzamento de execución material (sen IVE): 31.309.741 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. Bustelo

Vértices poligonal

Coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29)

X

Y

1

524.875

4.775.036

2

526.875

4.771.786

3

522.344

4.773.598

4

521.875

4.773.786

5

519.140

4.774.447

6

519.656

4.776.786

7

522.068

4.776.786

8

523. 875

4.776.786

9

524.725

4.775.336

Localización dos aeroxeradores:

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29)

Concello

X

Y

AE 01

522.337

4.776.583

Coristanco

AE 02

522.461

4.776.232

Coristanco

AE 03

523.076

4.775.934

Coristanco

AE 04

523.248

4.775.664

Coristanco

AE 06

523.782

4.775.113

Carballo

AE 07

523.778

4.774.282

Coristanco

AE 08

524.092

4.773.886

Coristanco

AE 09

524.018

4.773.414

Coristanco

AE 10

524.058

4.776.066

Coristanco

AE 11

524.240

4.775.534

Carballo

Localización do centro colector:

P.E. Bustelo

Centro colector

Coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29)

X

Y

Centro colector

521.655

4.775.411

Localización da torre meteorolóxica:

P.E. Bustelo

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM (ETRS89, fuso 29)

X

Y

TM1

523.488

4.775.679

Características técnicas das instalacións:

– 10 aeroxeradores modelo Lagerwey ou similar, cunha altura ata a buxa de 111 m e un diámetro de rotor de 136 m, con xerador síncrono de 4,5 MW de potencia nominal unitaria e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 5.000 kVA de relación de transformación de 0,69/30 kV, montados sobre fuste tubular metálico.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e control/colector do parque eólico, composta por 4 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 1×(3×240)/1×(3×400) mm² nos correspondentes tramos, e 1 circuíto de saída (evacuación) con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 3×(3×400) mm², con orixe no centro colector proxectado e final na futura SET Campelo proxectada no expediente do PE Campelo.

– O centro de control e seccionamento/colector en envolvente prefabricada, que conterá un trafo para servizos auxiliares de 50 kVA e 7 celas coa seguinte configuración: cela de protección servizos auxiliares, cela de entrada (circuíto 1), cela de entrada (circuíto 2), cela de entrada (circuíto 3), cela de entrada (circuíto 4), cela de protección xeral e cela de medida e saída de evacuación.

– 1 torre meteorolóxica de 98 m de altura.

– Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm², de xeito que as instalacións electromecánicas e o centro de control/colector do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 251.783 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contados a partir do outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.

6. O promotor deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 6.11.2020, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

9. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Greenalia Wind Power Bustelo, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

10. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

12. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, a que se fai referencia no antecedente de feito quinto:

Ermencina Andrade Antelo, o 2.7.2018; Baldomero Pena Suárez, o 6.7.2018; Purificación Abelenda Couto, o 18.7.2018; Rosa Ameijeiras García, o 18.7.2018; José Antelo Castro, o 18.7.2018; Manuel Barca Fernández, o 18.7.2018; María de los Ángeles Bértoa Tasende, o 18.7.2018; Laura Mariño Taibo, como concelleira e portavoz do Bloque Nacionalista Galego en Coristanco, o 18.7.2018; Ana Kelly Calvelo Calvo, o 18.7.2018; Carmen Calvelo Calvo, o 18.7.2018; José Antonio Calvelo Calvo, o 18.7.2018; Manuel Calvelo Calvo, o 18.7.2018; María José Calvelo Domínguez, o 18.7.2018; Matilde Calvelo Calvo, o 18.7.2018; José Calvelo Gende, o 18.7.2018; Ana María Calvo Vázquez, o 18.7.2018; Carmen Calvo Vázquez, o 18.7.2018; Josefa Calvo Vázquez, o 18.7.2018; Manuel Calvo Vázquez, o 18.7.2018; María Calvo Vázquez, o 18.7.2018; Jesús Campos Pereira, o 18.7.2018; Ana María Cancela Álvarez, o 18.7.2018; Benedicta Cancela Gende, o 18.7.2018; José Cancela Gende, o 18.7.2018; Manuel Cancela Gende, o 18.7.2018; Alfonso Canosa Castro, o 18.7.2018; Manuel Canosa Castro, o 18.7.2018; José María Canosa Rey, o 18.7.2018; Hadrián Canosa Rodríguez, o 18.7.2018; Óscar Manuel Canosa Romero, o 18.7.2018; Clarisa Carracedo Pensado, o 18.7.2018; José Costa Fernández, o 18.7.2018; Ricardo Deus Viña, o 18.7.2018; Purificación Domínguez Pensado, o 18.7.2018; Esther Eirís Mallo, o 18.7.2018; José Antonio España Faqué, o 18.7.2018; José Manuel Facal Calvo, o 18.7.2018; Juan Antonio Facal Calvo, o 18.7.2018; Manuel Facal Recarey, o 18.7.2018; Manuel Fernández Abelenda, o 18.7.2018; Francisco Javier Garaboa Castro, o 18.7.2018; José García Álvarez, o 18.7.2018; José Luís García Pichel, o 18.7.2018; Estrella García Vázquez, o 18.7.2018; Celia Gende Suárez, o 18.7.2018; Jesús González Pastoriza, o 18.7.2018; Josefa Lema Cancela, o 18.7.2018; Jesusa Lema Sanjurjo, o 18.7.2018; Fernando Mariño Castro, o 18.7.2018 e o 28.6.2018; Antonio Padiño Fernández, o 18.7.2018; Lurdes Pardiño Rial, o 18.7.2018; María José Pardiño Rial, o 18.7.2018; Jesús Pastoriza Negreira, o 18.7.2018; José Pastoriza Negreira, o 18.7.2018; Manuel Pena Andrade, o 18.7.2018; Manuel Pena Novo, o 18.7.2018; Alberto Pena Rial, o 18.7.2018; Marcos Pena Rial, o 18.7.2018; José Pérez Ríos, o 18.7.2018; Adolfo Porteiro Pose, o 18.7.2018; José Porteiro Pose, o 18.7.2018; Daniel Porteiro Rial, o 18.7.2018; Cristina Porteiro Rial, o 18.7.2018; José Manuel Pose Pereira, o 18.7.2018 e o 5.7.2018; Ramón José Pose Reino, o 18.7.2018; Isaura Pose Velo, o 18.7.2018; Víctor Pose Velo, o 18.7.2018; Dosinda Raña Cancela, o 18.7.2018; Evaristo Raña Gómez, o 18.7.2018; Carmen Rey Canosa, o 18.7.2018; Teresa Rey Canosa, o 18.7.2018; José Manuel Rey Pérez, o 18.7.2018; Clarisa Rey Tasende, o 18.7.2018; Eneas Manuel Rial Abelenda, o 18.7.2018; Yolanda Rial Abelenda, o 18.7.2018; Carmen Rial Mourelle, o 18.7.2018; Hermitas Rial Mourelle, o 18.7.2018; Dolores Rial Souto, o 18.7.2018; Daniel Rodríguez Ferro, o 18.7.2018; Ramón Sanjurjo Lavandeira, o 18.7.2018; Manuel Fernández Cancela, o 18.7.2018; Manuel Tasende Pensado, o 18.7.2018; Florinda Tasende Remuiñán, o 18.7.2018; José Manuel Vázquez Mayo, o 18.7.2018; Clarisa Vázquez Porteiro, o 18.7.2018; José Manuel Vázquez Porteiro, o 18.7.2018; Xoán Antón Vázquez Rial, o 18.7.2018; Sara Velo Barca, o 18.7.2018; Carmen Velo Rial, o 18.7.2018; José Luís Vieites Quintáns, o 18.7.2018; alegación conxunta do 16.7.2018 entre a Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, a Asociación Ambiental Cova Crea e a Asociación de amigos e amigas dos bosques O Ourol do Anllóns; Fins Eirexas Santamaría, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, o 18.7.2018; María del Carmen Pardiño Rial, o 18.7.2018; José Facal Novo, o 6.8.2018; Evaristo Rey Andrade, o 29.8.2018; Mª del Carmen Antelo García, o 29.8.2018; Manuel Rial Mourelle, o 29.8.2018; Gumersindo Campaña Ferro, o 25.10.2018; María do Carmen Pardiño Rial, en representación da Plataforma Non Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural, o 18.6.2019; José Luis Vázquez Vázquez e Alfonso Javier Vázquez Vázquez, o 13.09.2018; Mercedes Álvarez Antelo, o 19.09.2018; María Elena Paredes Sánchez, o 26.9.2018; José Gesto Cambón, o 26.6.2018; José Manuel Mariño Cabrera, o 27.6.2018; José Pallas Rama, o 27.6.2018; Carmen Lamas Calvelo, o 3.7.2018; Mercedes Lorenzo Remuiñán, o 5.7.2018; Jaime Antelo Pena, o 3.7.2018 e o 7.11.2018; hdros. de Luciano Rey Mariño, o 5.7.2018; Alfonso Pallas Gesto, o 6.7.2018; José Sánchez Sande, o 10.7.2018; María Andrade Muíño, o 11.7.2018; José Andrade Antelo, o 9.7.2018; Alfonso Andrade Antelo, o 9.7.2018; José Manuel Castro Eirís, o 11.7.2018; Eliseo Antelo Abelenda, o 13.7.2018; Margarita Lavandeira García, o 13.7.2018; José Manuel Crespo Mariño, o 13.7.2018; María Belén Raposo Pérez en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Entrecruces, o 18.7.2018; Vieites, Calvelo e Calvelo o 17.7.2018; María Matilde Tasende Vázquez, o 9.7.2018; Alfonso Javier Vázquez Vázquez, o 13.8.2018; Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, o 1.12.2020 e 4.12.2020; Asociación Cova Crea, o 18.12.2020; Carlos Penedo Casmartiño, o 21.12.2020; Asunción García Vila, o 31.12.2020; Carmen Mata Gómez, o 31.12.2020; Ramón Antelo García, o 31.12.2020; Eva Antelo Mata, o 31.12.2020; Luis Calvo Maroñas, o 5.01.2021; Beatriz Calvo Barbeira, o 5.1.2021; Juan Manuel Fernández Vilar, o 5.01.2021; María Matilde Barbeira Calvo. o 5.1.2021; Laura Calvo Barbeira, o 5.01.2021; Iván Tasende Vilar, o 7.1.2021; María del Carmen Fernández Vilar, o 7.01.2021; Inés Gesto Ferreiro, o 7.1.2021; Alberto José Otero Regueira, o 7.01.2021; Josefa Vilar García, o 7.1.2021; José María Mourelle Guillín, o 7.1.2021; José Vilas Ameijeiras, o 7.01.2021; Ana Raquel Pena Rodríguez, o 7.1.2021; Helene Bornier Mourelle, o 7.1.2021; Pablo Cancela Pazos, o 7.1.2021; Jesús Cancela Calvo, o 7.1.2021; Tamara Vilas Pazos, o 7.1.2021; Clementina Pazos Calvo, o 7.1.2021; José Manuel Antelo García, o 07.01.2021; Melania Mourelle Bornier, o 7.1.2021; Carmen Pazos Calvo, o 7.1.2021; Soler Gabín Domínguez, o 7.1.2021; Rocío Areosa Novo, o 11.1.2021; David Turnes García, o 11.1.2021; Eva María Felipe García, o 11.1.2021; María José Santos Vázquez, o 11.1.2021; María Trinidad Felpete Novo, o 11.1.2021; Manuel Calvo Ameijeiras, o 11.1.2021; Avelino Boquete García, o 11.1.2021; Ramón Souto Souto, o 11.01.2021; Andrés Teijeiro Suárez, o 11.1.2021; Maximino Calvo Barbeira, o 11.1.2021; María Blandina Barbeira Otero, o 11.1.2021; Manuel Gerpe García, o 11.1.2021; Manuel Recarey, o 11.01.2021; Lucía Souto Rial, o 11.1.2021; José Teijeiro Rial, o 11.1.2021; Francisco Duarte Martínez, o 11.1.2021; David Duarte García, o 11.1.2021; Juana Vieites García o 11.01.2021; Yolanda García Gerpe, o 11.01.2021; Erika Parjol, o 11.1.2021; Alberto Ferreiro Negreira, o 11.1.2021; María García Ameijeiras, o 11.1.2021; Carmen García Álvarez, o 11.1.2021; María Carmen Ameijeiras Couto, o 11.1.2021; Beatriz Ameijeiras Couto, o 11.1.2021; Hermosinda Rodríguez Amarelle, o 11.1.2021; Josefa Suárez Barreiro, o 11.1.2021; José Barbeira García, o 11.1.2021; María del Carmen Reyes Pena, o 11.1.2021; María Elsa Rodríguez Amarelle, o 11.1.2021; Alejandro Caramés Iglesias, o 11.1.2021; Natalia Fraga Vázquez, o 11.1.2021; Noelia Barbeira García, o 11.1.2021; Miguel Angel Barbeira Vilar, o 11.1.2021; Carmen Teijeiro Mata, o 11.1.2021; Miguel Angel Barbeira García, o 11.1.2021; José Barbeira Calvo, o 11.1.2021; Esteban Martínez Mañana, o 11.1.2021; Silvia Fraga Vázquez, o 11.1.2021; Lorenzo Barbeira García, o 11.1.2021; Thania Pensado Barbeira, o 11.1.2021; José Ameijeiras Couto, o 11.1.2021; Laura Barbeira Vilar, o 11.1.2021; Alberto García Rodríguez, o 11.1.2021; Francisco Fraga Pereiro, o 11.1.2021; Ermelinda Vázquez Otero, o 11.1.2021; Nerea Pazos Reyes, o 11.1.2021; Ramón Pazos Maroñas, o 11.1.2021; Sonia Vilar Díaz, o 11.1.2021; María Vanesa Santos Trillo, o 11.1.2021; Manuel Recarey Souto, o 11.1.2021; Dora Castro Mouro, o 11.1.2021; José María Vilar Caamaño, o 11.1.2021; Dolores Abelenda García, o 11.1.2021; Angel Souto Varela, o 11.1.2021; Jesús Rial, o 11.1.2021; Evangelina Velo, o 11.01.2021; Jose Ramón Couto Calvo, o 11.1.2021; Matilde Calvo Pazos, o 11.1.2021; Fabio Ameijeiras Castro, o 11.1.2021; Daniel Nieto Pastoriza, o 11.1.2021; Mónica Abelenda González, o 11.1.2021; Josefa Rivera González, o 12.1.2021; María do Pilar Barros Barco, o 12.1.2021; Angel Velo García, o 13.01.2021; Miguel Caamaño Espasandín, o 13.1.2021; María Teresa López Ramos, o 13.1.2021; José Luis Velo García, o 13.1.2021; José Pardo Otero, o 13.1.2021; María del Carmen García Turnes, o 13.1.2021; Isolina Novo Antelo, o 13.1.2021; Francisco Manuel Gorgal Añón, o 13.1.2021; María Teresa Vilar García, o 13.1.2021; María Del Pilar Muiño Velo, o 13.1.2021; Yolanda Baña Suárez, o 13.1.2021; José Manuel Mourelle Arcos, o 13.1.2021; Daniel Calvo Suárez, o 13.1.2021; María del Carmen Calvo Calvo, o 13.1.2021; María Amarelle Amarelle, o 13.1.2021; Carmen Gerpe Souto, o 13.1.2021; Bibiana Amigo Calo, o 13.1.2021; María Mourelle Rio, o 13.1.2021; José Manuel Andújar Lois, o 13.1.2021; María Calvo Suárez, o 13.1.2021; Fernando Baña Domínguez, o 13.01.2021; María Isabel Souto Souto, o 13.01.2021; María Dolores Vázquez Martínez, o 13.01.2021; Florinda Souto, o 13.1.2021; Fraga Boquete, José, o 15.1.2021; María Ríos Boquete, o 15.1.2021; María Fraga Ríos, o 15.1.2021; Manuela González Picón, o 15.1.2021; José Antonio Candal González, o 15.1.2021; Vanesa González Picón, o 15.1.2021; Maximino Castro Gerpe, o 18.1.2021; María Begoña Lorenzo Méndez, o 18.1.2021; Isabel Lema Gil, o 18.1.2021; Juan Vázquez Rodríguez, o 18.1.2021; Alfonso Sarmiento Fernández, o 18.1.2021; Eduardo Ferreiros Lama, o 18.1.2021; José Isidro Carril Juantey, o 18.1.2021; Xan Carlos Ansia Rodríguez, o 18.1.2021; José Angel Negreira Barcia, o 18.1.2021; Antonio Calvo Barbeira, o 18.1.2021; María Dolores Villar Gómez, o 18.1.2021; García Vilas, María Susana García Vilas, o 18.1.2021; Alberto Carballo Dopico, o 18.1.2021; Adriana Silvarredonda Souto, o 18.1.2021; María Gerpe Recarey, o 18.1.2021; Flavio Martínez Aran, o 18.1.2021; Andrés Brenlla Lois, o 18.1.2021; José Luis Carreira Bustelo, o 18.1.2021; Victoria Blanco Sande, o 18.1.2021; Manuel Vilar Vilar, o 18.1.2021; Yolanda Mariño Blanco, o 18.1.2021; Jose Ramón Mariño Reborido, o 18.1.2021; Nuria Rosende Cancela, o 18.1.2021; José Antonio Rial Rodríguez, o 18.1.2021; Antonio Pardiño Fernández, o 18.1.2021; Manuel Álvarez García, o 18.1.2021; M. Del Carmen Pardiño Rial, o 18.1.2021; Manuel Pena Novo, o 18.1.2021; Ermencina Rial Mourelle, o 18.1.2021; María Blandina Rial Mourelle, o 18.1.2021; Xoán Antón Vázquez Rial, o 18.1.2021; Ramiro Fernández Pose, o 18.1.2021; Soledad Vázquez Reyes, o 18.1.2021; Josefa Abelenda Couto, o 19.1.2021; María Isabel Abelenda Couto, o 19.1.2021; Rubén Rial Abelenda, o 19.1.2021; Purificación Abelenda Couto, o 19.1.2021; María José Pardiño Rial, o 19.1.2021; Consuelo Abelenda Couto, o 19.1.2021; Rocío Insua Lema, o 19.1.2021; Daniel Porteiro Rial, o 19.1.2021; Sandra Castro Antelo, o 19.1.2021; José Manuel Nieto Guardado, o 19.1.2021; María Carmen Mourelle Castro, o 19.1.2021; José María Souto Maroñas, o 19.1.2021; Begoña María Bértoa Calvo, o 19.1.2021; Ana María Nieto Beiroa, o 19.1.2021; Aurelio Mariño Mourelle, o 19.1.2021; Yolanda Rial Abelenda, o 19.1.2021; Manuel Rial Mourelle, o 19.1.2021; Lurdes Pardiño Rial, o 19.1.2021; Raúl Pérez Fernández, o 19.1.2021; José Luis Cobas Fernández, o 19.1.2021; Cristina Porteiro Rial, o 19.1.2021; Dolores Rial Souto, o 19.1.2021; Adolfo Porteiro Pose, o 19.1.2021; Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas, o 31.12.2020; Diego Couto Calvelo, o 22.1.2021; José García Álvarez, o 22.1.2021; Ana Belén Cancela Fontenla, o 22.1.2021; Matilde Calvelo Calvo, o 22.1.2021; Ana Kelly Calvelo Calvo, o 22.1.2021; Daniel Rodríguez Ferro, o 22.1.2021; María Lucila Fontenla Fontenla, o 22.1.2021; María Olga Serra Cancela, o 22.1.2021; Manuel Calvo Vázquez, o 22.1.2021; José Luis Vieites Quintáns, o 22.1.2021; Ana María Calvo Vázquez, o 22.1.2021;Ana María Álvarez Calvo, o 22.1.2021; Josefa Calvo Vázquez, o 22.1.2021; Estrella García Vázquez, o 22.1.2021; Carmen Calvelo Calvo, o 22.1.2021; Calvo Vázquez María, o 22. 1.2021; Rafael Señarís Pallas, o 25.1.2021; Daniel Mariño Reborido, o 25.1.2021; Beatriz Souto Amarelle, o 21.1.2021; Manuel Souto Maroñas, o 21.1.2021; María Amarelle García, o 21.1.2021; María Carmen Souto Amarelle, o 21.1.2021; María Florinda Ferrol Recarey, o 21.1.2021; Ramón Fondo Mouro, o 21.01.2021; Manuel García Antelo, o 25.1.2021; Alberto Andrade Teijeiro, o 25.1.2021; Elisabeth Pazos García, o 25.01.2021; Manuel Pazos Calvo, o 25.01.2021; Sara Souto Velo, o 25.1.2021; Esperanza Rosende Suárez, o 27.1.2021; Antonio García Rosende, o 27.1.2021; Dosinda Raña Cancela, o 27.1.2021; Manuel Cancela Gende, o 27.1.2021; Benedicta Cancela Gende, o 27.1.2021; Evaristo Raña Gómez, o 27.1.2021; José Cancela Gende, o 27.1.2021; Francisco Javier Fondo Ferrol, o 21.1.2021; José Cancela Gende, o 22.1.2021; Rosa María Ameijeiras García, o 22.1.2021; Verónica Calvo García, o 1.02.2021; Braulio Vecino Tomé, o 1.2.2021; Guillermo García Vilas, o 1.02.2021; Alfonso Rodrigo Rodríguez Paz, o 1.2.2021; Rocío Pérez Fernández, o 1.2.2021; José M Pazos Pazos, o 1.2.2021; Cristina Ares Braña, o 1.02.2021; Noelia Blanco Andrade, o 1.02.2021; Ana María Turnes Carro, o 1.2.2021; Sandra Touriñán Busto, o 1.02.2021; Leonor Arosa López, o 1.2.2021; María José Castro Breijo, o 1.02.2021; María Isolina López García, o 1.02.2021; David Pazos Pazos , o 1.02.2021; Dulcerina Arosa López, o 1.02.2021; Rafael Pérez Fernández, o 1.2.2021; Rosa Negreira Martínez, o 1.02.2021; Marcos Maceiras González, o 1.2.2021; Marta Crecente López, o 1.2.2021; Jorge Juan Romarís Martínez, o 1.2.2021; María Lucia González Pena, o 1.2.2021; Carmen Rial Mourelle, o 18.1.2021; Jose María Canosa Rey, o 05.02.2021; Lara Sestayo Calvelo, o 26.4.2021; José Antonio Calvelo Calvo, o 26.4.2021; Ana Martina Varela Velo, en representación da Asociación Cova Crea, o 9.5.2021; Victoria Blanco Sande, no seu propio nome e en representación da Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas, o 28.5.2021; María do Carme Pardiño Rial, o 28.5.2021.