Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 29 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Lola, número 153, situada no concello de Boiro, promovido pola sociedade Nemesio Ordoñez, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, a actualización do plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Lola, núm. 153, sita no concello de Boiro, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Nemesio Ordóñez, S.A., con domicilio social no lugar de Runs, s/n, Boiro, A Coruña.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico sección.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da devandita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración, cuxa autorización compete á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 29 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña