Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 29 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Mourela Alta, número 39, situada no concello de Neda, promovido pola sociedade Hijos de José Losada Cancelo, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, o plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Mourela Alta, núm. 39, sita no termo municipal de Neda, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Hijos de José Losada Cancelo, S.A., con domicilio social na avenida do Mar, parcela nº 139, polígono da Gándara, Ferrol, A Coruña.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico sección.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 61, así como no portal da devandita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración, cuxa autorización compete á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 29 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña