Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38038

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 13 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, polo que se dá publicidade de dous novos aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 13 de xullo de 2021, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), de conformidade co disposto na base II.2. da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante o Acordo do 21 de abril de 2021 (publicado no DOG núm. 81, do 30 abril), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública, a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. Segundo a base IV.6 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo foron convocadas a elección de destino provisional mediante Resolución do 16 de xuño de 2021, da Consellería de Facenda e Administración Pública (publicada no DOG núm. 120, do 25 de xuño), pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo), e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo).

Terceiro. Mediante escrito do 12 de xullo de 2021 da Dirección Xeral da Función Pública, requírese a este tribunal que propoña dúas novas persoas aspirantes, xa que tanto o aspirante que figuraba co núm. 1, Francisco Paz Feijoo (con NIF núm. ***4526**) como o aspirante que figuraba co núm. 6, Roberto Besteiro Doval (con NIF núm. *** 5413**), presentaron a renuncia ao proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións.

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer público, como anexo a esta resolución, as dúas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, ocupando as posicións 7 e 8, respectivamente, na orde de persoas aspirantes aprobadas. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021

Olga Janeiro Barandiarán
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio
de Administración especial da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos,
especialidade enxeñaría técnica agrícola

Orde

Quenda

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

7

Acceso libre

Mosquera Val, Mª Belén

***2841**

26,04

24,28

11,64

Exenta

61,96

8

Acceso libre

Estévez Alonso, Mª Ángeles

***5102**

25,92

23,92

11,32

Exenta

61,16