Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38134

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de ordenación da fronte marítima rúa do Porto 21-53, Corrubedo.

Nº de exp.: 2021 PLAN000004.

Descrición: planeamento urbanístico. Estudo de detalle de ordenación de fronte marítima rúa do Porto 21-53, Corrubedo.

Asunto: publicación DOG. Aprobación definitiva.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria realizada o día 31 de maio de 2021, adoptou, entre outros, o acordo que de seguido se transcribe:

«Primeiro. Desestimar as seguintes alegacións polos motivos expresados nas consideracións xurídicas do informe emitido polo secretario xeral da Corporación con data do 13 de maio de 2021, do que se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do acordo que se adopte:

Rexistro de entrada

NIF

Nome

1300

***8231*-*

Antón Carreño Costa

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle descrito nos antecedentes e promovido pola entidade Queimona, S.L.

Terceiro. Publicar o Acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Cuarto. Notificar o presente Acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Quinto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Sexto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde