Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2021 pola que se acorda o inicio dos trámites de exclusión de determinados bens e dereitos do expediente expropiatorio para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia (Vigo).

Visto o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia, no concello de Vigo, e tendo en conta a conveniencia de excluír parcial ou totalmente da relación de bens e dereitos do expediente os predios co número de orde 27, 29, 31, 32, 33, 34, 35, 48, 51, 54 e 55 propiedade de:

– Núm. de orde 27, con referencia catastral 0039886NG2703N0001TK: Antonio Vázquez García e María Rosa Mariño Rodríguez.

– Núm. de orde 29, con referencia catastral 0039855NG2703N0001FK: José Antonio Bea Costas e María de los Ángeles Puentes Vilar.

– Núm. de orde 31, con referencia catastral 0039854NG2703N0001TK: Victor Mariño Rodríguez, Matilde Armada Costas.

– Núm. de orde 32, con referencia catastral 0039853NG2703N0001LK: Carmen Alonso Costas.

– Núm. de orde 33, con referencia catastral, 0039852NG2703N0001PK: Carlos Sobreira Fernández e María Jesús Tomé Pujales.

– Núm. de orde 34, con referencia catastral 0039851NG2703N0001QK: María del Carmen Armada Costas.

– Núm. de orde 35, con referencia catastral 0039850NG2703N0001GK: María Jesús Pastoriza Alonso.

– Núm. de orde 48, con referencia catastral 0039883NG2703N0001QK: Antonio González Rodríguez e Josefa Alonso Rodríguez.

– Núm. de orde 51, con referencia catastral 0039819NG2703N0001TK: María Eugenia Agulla Grandal e Claudio di Nicola.

– Núm. de orde 54, con referencia catastral 0039822NG2703N0001TK: María del Carmen Blanco Rial, Florentina Blanco Rial, Serafín Blanco Rial, José Antonio Blanco Rial, Margarita Blanco Rial, Jesús Blanco Rial, Amparo Blanco Rial, Emilio Blanco Rial, Francisco Javier Blanco Rial, Jorge Juan Blanco Rial, María Belén Blanco San Román, María Isabel Blanco San Román, María José Blanco San Román e Manuel Blanco San Román.

– Núm. de orde 55, con referencia catastral 0039884NG2703N0001PK: José Antonio Brenlla Gerpe, María Asunción Falque García.

E tendo en conta que:

I. O Pleno do Concello de Vigo aprobou definitivamente o Plan parcial de Navia (BOP de Pontevedra do 20 de setembro de 1996). Esta aprobación levaba implícita a declaración da utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación, para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.

O 25 de abril de 2005, o Pleno do Concello de Vigo acordou aprobar definitivamente a modificación puntual primeira do Plan parcial de Navia (BOP de Pontevedra do 26 de outubro).

O día 29 de xullo de 2020, o Pleno do Concello de Vigo acordou aprobar definitivamente a segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia promovida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) (DOG núm. 183, do 9 de setembro) e na cal se establece como sistema de xestión a expropiación forzosa. Nesta modificación, as antigas etapas 3ª (fase B), 4ª, 5ª e 6ª do plan parcial vixente pasan a denominarse polígonos 1, 2 e 3.

O artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece que a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados para os fins da expropiación ou imposición de servidumes. O IGVS está tramitando o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia (Vigo).

II. Por resolución do director xeral do IGVS do 18 de marzo de 2021 acórdase aprobar inicialmente e someter a información pública os proxectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución dos polígonos un, dous e tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo). A dita resolución publicouse no DOG núm. 63, do 6 de abril de 2021, e nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia na mesma data, practicándose igualmente as notificacións individuais aos propietarios afectados e ao Concello de Vigo, de conformidade co artigo 118.3, 4 e 5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

III. Dentro do ámbito do expediente expropiatorio atópanse os predios co número de orde arriba sinalados dos que son propietarios/as as citadas persoas, respectivamente. As edificacións que se encontran sobre os referidos predios co número de orde indicado teñen, principalmente, uso residencial, cos seus anexos.

IV. De conformidade coa modificación segunda do plan parcial aprobado definitivamente polo Concello de Vigo con data do 29 de xullo de 2020, as referidas edificacións existentes poderán permanecer integrándose no parcelario resultante nas condicións determinadas na ordenación da citada modificación, tal e como se recolle no informe de compatibilidade subscrito polo técnico redactor do planeamento con data 15 de xullo de 2021.

V. En relación aos predios co número de orde 27, 29, 31, 32, 33, 34, 35, 48, 51, 54, 55, xunto con esta resolución, débese notificar ás persoas propietarias as condicións que a Administración propón para as respectivas exclusións, concedéndoselles en consecuencia, un trámite de audiencia para que aleguen o que xulguen conveniente en defensa dos seus intereses.

VI. De conformidade co artigo 119.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia no que establece: «Na aplicación do sistema de expropiación, o órgano expropiante poderá, de oficio ou por instancia de parte, excluír dela determinados bens e os terreos edificados compatibles co uso establecido polo plan que se executa, cando iso non dificulte os obxectivos da actuación e o propietario se comprometa a participar no proceso de execución nas condicións e termos que se fixen por acordo da Administración actuante», e o artigo 295.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016 en que recolle: «A resolución da exclusión deberá estar precedida dun período de información pública polo prazo dun mes, que se publicará no BOP ou no DOG, e notificarase aos propietarios afectados. A resolución fixará as condicións e termos nos que o propietario excluído deberá vincularse a xestión urbanística e as garantías para o seu cumprimento. A resolución aceptaraa o propietario en documento administrativo no prazo máximo dun mes, transcorrido o cal a exclusión quedará sen efecto».

O director xeral do IGVS, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS,

ACORDA:

Primeiro. Iniciar os trámites de exclusión parcial ou total do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta para a execución dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia (Vigo) dos predios co número de orde 27, 29, 31, 32, 33, 34, 35, 48, 51, 54, 55 propiedade de:

– Núm. de orde 27, con referencia catastral 0039886NG2703N0001TK: Antonio Vázquez García e María Rosa Mariño Rodríguez.

– Núm. de orde 29, con referencia catastral 0039855NG2703N0001FK: José Antonio Bea Costas e María de los Ángeles Puentes Vilar.

– Núm. de orde 31, con referencia catastral 0039854NG2703N0001TK: Victor Mariño Rodríguez, Matilde Armada Costas.

– Núm. de orde 32, con referencia catastral 0039853NG2703N0001LK: Carmen Alonso Costas.

– Núm. de orde 33, con referencia catastral, 0039852NG2703N0001PK: Carlos Sobreira Fernández e María Jesús Tomé Pujales.

– Núm. de orde 34, con referencia catastral 0039851NG2703N0001QK: María del Carmen Armada Costas.

– Núm. de orde 35, con referencia catastral 0039850NG2703N0001GK: María Jesús Pastoriza Alonso.

– Núm. de orde 48, con referencia catastral 0039883NG2703N0001QK: Antonio González Rodríguez e Josefa Alonso Rodríguez.

– Núm. de orde 51, con referencia catastral 0039819NG2703N0001TK: María Eugenia Agulla Grandal e Claudio di Nicola.

– Núm. de orde 54, con referencia catastral 0039822NG2703N0001TK: María del Carmen Blanco Rial, Florentina Blanco Rial, Serafín Blanco Rial, José Antonio Blanco Rial, Margarita Blanco Rial, Jesús Blanco Rial, Amparo Blanco Rial, Emilio Blanco Rial, Francisco Javier Blanco Rial, Jorge Juan Blanco Rial, María Belén Blanco San Román, María Isabel Blanco San Román, María José Blanco San Román e Manuel Blanco San Román.

– Núm. de orde 55, con referencia catastral 0039884NG2703N0001PK: José Antonio Brenlla Gerpe, María Asunción Falque García.

Segundo. Someter a información pública, polo prazo dun mes, o expediente de exclusión da expropiación dos terreos referidos no apartado anterior, mediante a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar o contido desta resolución ás persoas propietarias, con indicación, de ser o caso, das condicións para a exclusión, concedéndolles o trámite de audiencia polo prazo dun mes. De non ser aceptada a citada exclusión no referido prazo, entenderase que se deberá continuar co expediente expropiatorio do predio que resulte afectado.

As condicións e termos en que as persoas propietarias deben vincularse á xestión urbanística e ás garantías para o seu cumprimento son as recollidas nas propostas de convenio que forman parte do expediente de exclusión.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo