Advertido un erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 130, do 9 de xullo de 2021, procede facer a seguinte corrección:
Na páxina 35131, no artigo 6.1, onde di: «1. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde o día seguinte ao peche da convocatoria anterior (1 de outubro de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria, 15 de novembro de 2021. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.», debe dicir: «1. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde o día seguinte ao do peche da convocatoria anterior (16 de decembro de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria, 15 de novembro de 2021. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.».