Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38028

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503B).

BDNS (Identif.): 575972.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, consonte os artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Segundo. Obxecto e réxime

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e das empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros recollidos no artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro dos grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503B).

Cuarto. Importe

As subvencións obxecto desta resolución imputaranse á aplicación orzamentaria 05 A2 761A 770.0, proxecto 2021 00001, por un crédito de 2.500.000 €, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán implicar a subvención oportuna.

Estas axudas son susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, dentro do Obxectivo específico 20.1.3.2-OE REACT-UE 3.2. Apoio a medidas de axuda económica nas rexións máis dependentes dos sectores máis afectados pola crise da COVID-19; Actuación 20.1.3.2.2. Impulso do sector turístico.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Sexto. Prazo de xustificación de la subvención

A entrega da documentación xustificativa terá de prazo ata o 15 de novembro de 2021.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia