Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38034

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 1 de setembro de 2020 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 17 de setembro, pola Resolución do secretario xeral de universidades, do 3 de setembro de 2020).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración pola Universidade de Vigo.

Vigo, 12 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4317228.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

45

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

Carácter

ECTS

Módulos

Deseño Estratéxico e Sostible da Cadea de Subministración

OB

6,5

Módulo 1:

Deseño e Dirección Estratéxica da Cadea de Subministración

Servizo ao Cliente e Custos

OB

4

Dirección de Persoas na Cadea de Subministración

OB

5

Lean Management, Six Sigma e outros Enfoques

OB

4,5

Módulo 2:

Dirección de Operacións na Cadea de Subministración

Planificación da Demanda e as Operacións

OB

4

Dirección de Compras

OB

2

Deseño da Rede de Distribución Física. Xestión de Almacéns

OB

4

Deseño Eficiente e Sostible de Envases e Embalaxes

OB

1,5

Organización do Transporte e LoxÍstica Internacional

OB

4

Big Data e Sistemas de Información

OB

4

Módulo 3:

Innovación na Cadea de Subministración

E-Commerce e as súas Implicacións na Cadea de Subministración

OB

2

Industria 4.0. Oportunidades, Retos e Desafíos

OB

3,5

Prácticas externas

OB

9

Módulo 4:

Prácticas externas

Traballo fin de máster

OB

6

Módulo 5:

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.