Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38153

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade da preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Na data do 9 de marzo de 2020 publicouse a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade da preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Esta Resolución foi modificada mediante a Resolución do 16 de abril de 2021, configuráronse novos prazos para o desenvolvemento dos proxectos e ampliáronse os prazos referentes aos pagamentos de anticipos.

Así mesmo, mediante a Resolución do 24 de maio de 2021, procedeuse á modificación da Resolución inicial, ampliouse a dotación orzamentaria prevista inicialmente e modificáronse as anualidades de imputación do gasto.

Na sección 2ª da Resolución do 27 de febreiro de 2020 acórdase a convocatoria para os exercicios 2020 e 2021, conforme o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.

Na data do 4 de marzo de 2021 tivo lugar a Comisión de Valoración, constituída segundo o disposto nas bases reguladoras e pola que se acorda a proposta de concesión de subvencións tendo en conta o disposto nos artigos 20 e 21 das bases reguladoras.

Tendo en conta que a concesión da subvencións, logo da correspondente tramitación dos expedientes, se produce en 2021, faise necesario modificar os prazos de execución e xustificación previstos inicialmente e configurar uns prazos que permitan o desenvolvemento dos proxectos presentados en relación cos que se conceden as subvencións.

Desta forma considérase conveniente a modificación do parágrafo 1 do artigo 35 e dos parágrafos 1 e 2 do artigo 39 no referente ao financiamento e ás datas de execución e xustificacion dos investimentos subvencionables.

Asemade faise necesario modificar o prazo previsto no artigo 40 con relación ao pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida, tendo en conta que o prazo inicialmente previsto na convocatoria está vencido e corresponde establecer un novo prazo acorde á data da resolución definitiva pola que se conceden as subvencións.

Con base no anterior e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

Un. O artigo 35 de financiamento, no seu número 1 queda redactado da seguinte maneira:

«1. As subvencións que se concedan imputaranse ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.781.0

Anualidade 2021

327.881,76 €

Anualidade 2022

81.970,44 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.745.0

Anualidade 2021

47.702,55 €

Anualidade 2022

11.925,64 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.760.0

Anualidade 2021

561.851,80 €

Anualidade 2022

140.462,95 €

Aplicación orzamentaria

04.A1.571A.744.0

Anualidade 2021

26.329.30 €

Anualidade 2022

6.582,33 €

Dous. O artigo 39 de xustificación da execución, nos seus números 1 e 2, queda redactado da seguinte maneira:

«1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo nun período que comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia (DOG), sen prexuízo do disposto no artigo seguinte. En todo caso, a execución total dos investimentos subvencionables levarase a cabo antes do 30 de abril de 2022.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ao remate do prazo de realización da actividade e, en todo caso, antes do 30 de xuño de 2022».

Tres. O artigo 40 de pagamento anticipado e garantía, no seu número 1, queda redactado da seguinte maneira:

«1. As persoas beneficiarias recibirán un pagamento anticipado do 80 % do importe da subvención concedida de acordo co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia. Con relación a este anticipo e con data límite do 10 de agosto de 2021, as persoas beneficiarias deberán presentar o anexo V (xustificación do plan e comezo do proxecto) desta resolución. O pagamento do importe restante (20 %) realizarase unha vez xustificado o cumprimento da finalidade da subvención».

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia con efectos desde o 10 de marzo de 2020.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia