Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38190

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro), da Dirección Xeral da Función Pública, para cualificar o proceso selectivo par ao ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, as preguntas correspondentes a este primeiro exercicio, acórdase:

Primeira parte do exercicio (preguntas 1 a 40), anúlanse as preguntas 2, 16, 23. O seu lugar pasa a ser ocupado polas tres primeiras preguntas de reserva (151, 152, 153). Acórdase modificar o modelo de corrección das repostas na pregunta 17, sendo correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segunda parte do exercicio (preguntas 41 a 150), anúlanse as preguntas 107 e 129. O seu lugar pasa a ser ocupado polas dúas seguintes preguntas de reserva (154 e 155). Acórdase modificar o modelo de corrección das respostas na pregunta 44, sendo a correcta a alternativa d), na pregunta 102, sendo correcta a alternativa b), na pregunta 134, sendo a correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos, e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, e de conformidade coas bases da convocatoria, por Resolución deste tribunal, do 19 de febreiro de 2021, pola que se dá publicidade aos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, estableceuse que se asignaría a valoración de 30 no exercicio ás persoas aspirantes que obtivesen as mellores puntuacións ata completar o número máximo fixado de 50 aspirantes, en cada unha das quendas, sempre que acaden os mínimos fixados para a parte primeira (8 respostas correctas) e segunda (22 respostas correctas) do exercicio, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. Non será posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes presentadas con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque a nota de corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de aspirantes indicados antes (50).

Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan a nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán una cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, e a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 21 de abril de 2021, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 50 aspirantes na quenda de acceso libre e 1 aspirante na quenda de promoción interna.

De conformidade coas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, do 11 de abril de 2007, que establecen no seu artigo 52, cando a convocatoria distribuíse as prazas entre diferentes quendas de participación, a valoración dos/as aspirantes realizarase por separado para cada unha, comezando polos/as de promoción interna e, a continuación, os/as da quenda de discapacitados e finalmente os/as de acceso libre.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. Esta resolución substitúe e deixa sen efecto a Resolución do 7 de xuño de 2021, publicada no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, concederase un prazo de dez (10) dias hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da publicación desta convocatoria no DOG, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

A Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por ter acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esa dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.1.2 da convocatoria, os acordos adoptados polo tribunal no proceso poderán ser obxecto de recursos de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021

José Ramón Caeiro Rey
Presidente do tribunal