Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38193

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2021 pola que se publica o Acordo da Comisión de Goberno do 20 de xullo de 2021, que nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do día 20 de xullo de 2021, acordou nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

En cumprimento do disposto neste acordo, ordeno a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo da Comisión de Goberno do 20 de xullo de 2021 que nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2)

Unha vez convocado o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020, publicado no Diario Oficial de Galicia número 148, do 24 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da devandita convocatoria, a Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia

ACORDA:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) coa composición que segue:

Tribunal titular:

Presidencia: Manuel J. Santana Suárez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaria: María Isabel García Garrido, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, escala de secretaría-intervención, subgrupo A1.

Vogais:

– Juan Villar Freire, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxías da información, subgrupo A1.

– Patricia Brión Cabanelas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María Carmen Picallo Gago (representante da EGAP).

Tribunal suplente:

Presidencia: Arturo López Iglesias, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, subgrupo A1.

Secretaría: María Pérez Vázquez, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, escala de secretaría-intervención, subgrupo A1.

Vogais:

– Mª del Mar Cibreiro Cordero, persoal funcionario do corpo superior de sistemas e tecnoloxías da información da Administración do Estado, subgrupo A1.

– Mª Dolores Vázquez Vázquez, persoal funcionario do corpo xeral administrativo da Administración do Estado, subgrupo C1.

– Iván Rodríguez Fos (representante da EGAP).