Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da modificación das bases específicas para o acceso en propiedade a dúas prazas de oficial da Policía Local, quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 84, do 11 de abril de 2019 foi publicada convocatoria do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o acceso en propiedade a dúas prazas de oficial da policía local pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo, quenda de promoción interna.

Tras ser publicado extracto deste no Diario Oficial de Galicia número 186, do 1 de outubro de 2019, e anuncio para prover as prazas obxecto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 18 de outubro de 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 161, do 16 de xullo de 2021, foi publicado anuncio relativo ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xuño de 2021, relativo á modificación de bases específicas para o acceso en propiedade de dúas prazas de oficial de policía local pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo, quenda promoción interna (OEP 2016).

A dita modificación non reabre o prazo de presentación de solicitudes.

Lugo, 19 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos