Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da modificación das bases específicas para o acceso en propiedade a dez prazas de oficial da Policía Local, quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 138, do 19 de xuño de 2021, foi publicada convocatoria do proceso selectivo para o acceso en propiedade a dez prazas de oficial de policía local do cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo, quenda de promoción interna.

Tras ser publicado extracto deste no Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2021, e anuncio para prover as prazas obxecto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado núm. 160, do 6 de xullo de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 161, do 16 de xullo de 2021, foi publicado anuncio relativo ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de xuño de 2021, relativo á modificación de bases específicas para o acceso en propiedade a dez prazas de oficial de policía local do cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo, quenda promoción interna (1 incluída na OEP 2018, 6 incluídas na ampliación da OEP 2018 e 3 incluídas na OEP 2020).

A dita modificación non reabre o prazo de presentación de solicitudes.

Lugo, 19 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos