Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38549

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no primeiro cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total
do convenio

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Fundación Arume para a execución dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia

25.4.2021

50.109,00 €