Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38548

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do venres 23 de xullo, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 37747, a continuación do sumario, suprímense os seguintes parágrafos:

«Para a obtención do título de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster: 45 ECTS obrigatorios e, polo menos, 15 ECTS optativos de entre a totalidade de materias optativas do Módulo 3.

Resolución do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.».