Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 30 de xullo de 2021 Páx. 38748

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) (Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro).

Mediante a Orde do 26 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Segundo o establecido no artigo 22 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

Convén sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), de acordo co disposto no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

As actuacións subvencionables están incluídas, segundo se sinala a continuación, no eixe prioritario 05 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 05.01 «Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos enfoques baseados nos ecosistemas»; obxectivo específico 05.01.01 «Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta preventiva, de seguimento e avaliación»; actuación 5.1.1.3 «Integración da adaptación ao cambio climático nos instrumentos de xestión e planificación sectorial»; liña de actuación 60 «Redes de observación, prevención de riscos e análise sectorial de adaptación ao cambio climático en Galicia», do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan na táboa que se anexa, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Normas reguladoras da convocatoria:

• Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) (DOG núm. 27, do 10 de febreiro).

b) Aplicación orzamentaria: 08.02.541E.760.1 (código de proxecto 2017 00056, actuación 087.097).

c) Finalidade da axuda: axudas para a elaboración dos plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES).

d) Destinatarios: entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Beneficiarios

Nº de expediente

Entidade solicitante

NIF

Valoración final

Importe subvención

PACES

1

/21

Castroverde

P2701100F

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

2

/21

Gondomar

P3602100D

Beneficiaria

8.990,30 €

PACES

3

/21

Teo

P1508300I

Beneficiaria

8.918,00 €

PACES

4

/21

Moaña

P3602900G

Beneficiaria

8.990,30 €

PACES

5

/21

Meis

P3602800I

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

6

/21

Irixoa

P1504000I

Beneficiaria

2.407,90 €

PACES

7

/21

Neda

P1505600E

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

8

/21

Dozón

P3601600D

Beneficiaria

2.274,00 €

PACES

9

/21

Forcarei

P3601800J

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

10

/21

Castrelo do Val

P3202200F

Beneficiaria

2.994,75 €

PACES

11

/21

Triacastela

P2706200I

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

12

/21

A Coruña

P1503000J

Beneficiaria

14.338,50 €

PACES

13

/21

Catoira

P3601000G

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

14

/21

Fornelos de Montes

P3601900H

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

15

/21

Vilanova de Arousa

P3606100J

Beneficiaria

9.000,00 €

PACES

16

/21

A Cañiza

P3600900I

Beneficiaria

5.989,50 €

PACES

17

/21

Amoeiro

P3200300F

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

18

/21

Leiro

P3204100F

Beneficiaria

2.900,00 €

PACES

19

/21

Nigrán

P3603500D

Beneficiaria

6.047,58 €

PACES

20

/21

Oímbra

P3205400I

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

21

/21

Paderne de Allariz

P3205600D

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

22

/21

Parada de Sil

P3205800J

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

23

/21

Paradela

P2704200A

Beneficiaria

2.999,59 €

PACES

24

/21

Rianxo

P1507300J

Beneficiaria

8.996,35 €

PACES

25

/21

Sandiás

P3207800H

Beneficiaria

2.999,59 €

PACES

26

/21

Valdoviño

P1508800H

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

27

/21

A Mezquita

P3204900I

Beneficiaria

2.994,75 €

PACES

28

/21

A Pobra de Trives

P3206400H

Beneficiaria

3.274,00 €

PACES

29

/21

Ares

P1500400E

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

30

/21

Boiro

P1501100J

Beneficiaria

7.253,95 €

PACES

31

/21

Frades

P1503900A

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

32

/21

Monterrei

P3205100E

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

33

/21

O Valadouro

P2706300G

Beneficiaria

2.994,75 €

PACES

34

/21

Petín

P3206100D

Beneficiaria

1.936,00 €

PACES

35

/21

Ribeira de Piquín

P2705300H

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

36

/21

Vilardevós

P3209200I

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

37

/21

A Fonsagrada

P2701800A

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

38

/21

A Lama

P3602500E

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

39

/21

A Merca

P3204800A

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

40

/21

Porqueira

P3206300J

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

41

/21

Arzúa

P1500600J

Beneficiaria

5.929,00 €

PACES

42

/21

Baltar

P3200600I

Beneficiaria

2.999,59 €

PACES

43

/21

Barro

P3600200D

Beneficiaria

3.980,00 €

PACES

44

/21

Cariño

P1509500C

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

45

/21

Castro Caldelas

P3202400B

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

46

/21

Cerceda

P1502400C

Beneficiaria

5.989,50 €

PACES

47

/21

Cerdedo Cotobade

P3600048G

Beneficiaria

5.900,00 €

PACES

48

/21

Cualedro

P3202900A

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

49

/21

Larouco

P3203900J

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

50

/21

Lobios

P3204300B

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

51

/21

Mazaricos

P1504600F

Beneficiaria

3.962,75 €

PACES

52

/21

Navia de Suarna

P2703400H

Beneficiaria

2.900,00 €

PACES

53

/21

Negreira

P1505700C

Beneficiaria

5.989,50 €

PACES

54

/21

Ortigueira

P1506200C

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

56

/21

Ourol

P2703800I

Beneficiaria

2.994,75 €

PACES

57

/21

Outes

P1506300A

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

58

/21

Pontedeume

P1507000F

Beneficiaria

5.999,79 €

PACES

59

/21

Ribadavia

P3207000E

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

60

/21

San Amaro

P3207500D

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

61

/21

Sarreaus

P3207900F

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

62

/21

Sarria

P2705700I

Beneficiaria

9.000,00 €

PACES

63

/21

Taboada

P2706000C

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

64

/21

Trasmiras

P3208300H

Beneficiaria

3.000,00 €

PACES

65

/21

Vila de Cruces

P3605900D

Beneficiaria

6.000,00 €

PACES

66

/21

Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Beneficiaria

10.998,90 €

PACES

67

/21

Vilalba

P2706500B

Beneficiaria

9.000,00 €

PACES

68

/21

O Páramo

P2704300I

Beneficiaria

2.999,59 €

PACES

69

/21

O Pino

P1506700B

Beneficiaria

4.000,00 €

PACES

70

/21

O Porriño

P3603900F

Beneficiaria

10.900,00 €

PACES

71

/21

O Saviñao

P2705800G

Beneficiaria

3.999,05 €

Total

336.842,23 €