Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 30 de xullo de 2021 Páx. 38789

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.2.7 da convocatoria, e o aprobado en sesión do 16 de xullo polo tribunal, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 40, sendo a correcta a alternativa d).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveran unha puntuación mínima de cincuenta (50) puntos. Para estes efectos, de acordo coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal, do 28 de xuño de 2021 pola que se da publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtivesen un mínimo de 32 respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta). As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Asignarase a valoración de 50 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 50 e os 100 puntos, proporcional ao número de respostas correctas corrixidas das incorrectas do xeito sinalado. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 20 de xullo de 2021, acadaron a puntuación mínima de 50 puntos un total de 14 aspirantes na (única) quenda de promoción libre.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio deste proceso selectivo, así como das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1 da convocatoria, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal