Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38877

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade do encargo ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) do servizo técnico cualificado para o asesoramento técnico en materia de infraestrutura de datos espaciais, mantemento da aplicación Siotuga e apoio no mantemento de visores cartográficos.

– Resolución do 14 de xullo de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) do servizo técnico cualificado para o asesoramento técnico en materia de infraestrutura de datos espaciais, mantemento da aplicación Siotuga e apoio no mantemento de visores cartográficos.

– Actividade: os traballos que se desenvolverán consisten en (i) apoio na análise, validación e tratamento da documentación e información xeográfica relativa á tramitación de expedientes de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio; (ii) mantemento do portal do Sistema de información de ordenación do territorio (Siotuga) e apoio no mantemento dos visores cartográficos xestionados pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; (iii) o asesoramento xeral en tecnoloxías de información xeográfica e ciencia de datos espacial.

– Natureza e alcance do encargo: este encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga).

– Financiamento: o orzamento ascende á cantidade de vinte e oito mil seiscentos setenta e dous euros con vinte e tres céntimos (28.672,23 €), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.521A.640 1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2021, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

– Prazo de vixencia: os traballos encargados comezarán o día seguinte ao da sinatura da orde de execución dos traballos, sendo o prazo máximo de finalización o 31 de decembro de 2021. O encargo extinguirase ao finalizar a súa vixencia e poderá prorrogarse como máximo por igual período ao de execución en caso de persistencia da súa necesidade. O encargo tamén se extinguirá, de ser o caso, polo cumprimento do seu obxecto á satisfacción da Administración.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.D. (Orde do 25 de outubro de 2019)
María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo