Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38876

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 1975-2021, en relación co número 5 do artigo único da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, en canto dá nova redacción ao artigo 38.2 da lei modificada.

O Pleno do Tribunal Constitucional, mediante o Auto do 20 de xullo de 2021, ditado no recurso de inconstitucionalidade número 1975-2021, promovido polo avogado do Estado, en representación do presidente do Goberno, acordou manter a suspensión do disposto no número 5° do artigo 38.2.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, na redacción dada polo punto cinco do artigo único da Lei 8/2021, do 25 de febreiro, e levantar a suspensión que afecta o resto do disposto no artigo 38.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, na redacción dada polo punto cinco do artigo único da Lei 8/2021, do 25 de febreiro; suspensión que se produciu coa admisión do mencionado recurso de inconstitucionalidade e que foi publicada no Boletín Oficial del Estado número 102, do 29 de abril de 2021.

Madrid, 20 de xullo de 2021

Alfonso Pérez Camino
Secretario de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional