Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no telefono 982 29 48 04, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Lugo, 16 de xullo de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN408A 2018/18.
Proxecto: LAT de evacuación do parque eólico Ourol.
Acto notificado: traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto.
Persoa interesada |
Predios do parcelario |
Descoñecido |
22, 27, 29, 73, 78, 82, 83, 102, 115, 116, 174, 177, 242, 243, 245, 254, 255, 303, 304, 305, 310, 311, 312, 313, 314, 321, 327, 328, 341 e 348 |