Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto LAT de evacuación do parque eólico Ourol (expediente IN408A 2018/18).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no telefono 982 29 48 04, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 16 de xullo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/18.

Proxecto: LAT de evacuación do parque eólico Ourol.

Acto notificado: traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto.

Persoa interesada

Predios do parcelario

Herdeiros de Clara Camba Fernández

339 e 351

Herdeiros de María Chao Rivera

375

Josefa Castro Pumares

266

Manuel Orol Lestregas

407

Ramón Pérez del Río

(Herdeiro de Esther Rodríguez Gómez)

362

Ricardo Pita Veiga

315