Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38998

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO das bases da convocatoria de catro prazas de auxiliar administrativo (estabilización de emprego).

Acordo da Xunta de Goberno local do 16 de xuño de 2021 referente á convocatoria para prover catro prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 130, do 13 de xullo de 2021, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria das prazas de funcionarios/as de carreira pertencentes ao grupo C, subgrupo C2, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, baixo a denominación de catro auxiliares administrativos, da oferta de emprego público de 2019, publicada no BOP número 77, do 24 de abril de 2019, mediante o sistema de concurso-oposición (estabilización de emprego).

O prazo para presentar as instancias será de vinte (20) días naturais contados desde a publicación no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Porto do Son, 13 de xullo de 2021

José Luis Oujo Pouso
Alcalde