Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente Gestiona 964/2021 Urb. 20/2021 e dous máis).

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen que fose posible a súa práctica por causa non imputable a esta Administración e, en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación do expediente e de referencias catastrais de varias parcelas en situación de risco de incendio, ao resultar descoñecido o enderezo postal ou en investigación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 964/2021

Urb. 20/2021

Polígono 39 parcela 680

Pedornes

En investigación

36036A039006800000QS

Gestiona 964/2021

Urb. 20/2021

Polígono 39 parcela 706

Pedornes

En investigación

36036A039007060000QE

Gestiona 964/2021

Urb. 20/2021

Polígono 39 parcela 358

Pedornes

Descoñecido

36036A039003580000QZ

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 28 de xullo de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa