Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38907

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 12 de xullo de 2021, da Mesa do Parlamento, polo que se anuncia a convocatoria para a realización de probas selectivas para ingresar por oposición libre nunha praza do corpo de letradas e letrados e se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 12 de xullo de 2021, polo que se anuncia a convocatoria para a realización de probas selectivas para ingresar por oposición libre nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia e se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.

Primeira. Normas xerais

1.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir unha (1) praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia mediante acceso libre.

1.2. O sistema selectivo será o de oposición.

1.3. Ao proceso selectivo seralle aplicable o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia (DOG nº 248, do 26 de decembro de 2007) e, supletoriamente, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), e as demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

Segunda. Requisitos das persoas aspirantes

Para seren admitidas ao proceso selectivo, as persoas interesadas deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e manter ata o momento da toma de posesión como funcionario/a, os seguintes requisitos:

2.1. Nacionalidade.

Poderán participar no proceso selectivo:

a) As persoas de nacionalidade española.

b) As persoas nacionais dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) As persoas nacionais dalgún estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes das persoas de nacionalidade española e das nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

2.2. Idade.

Ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

2.3. Titulación.

Estar en posesión, ou en condicións de o obter, do título universitario de licenciatura ou grao en Dereito.

As persoas aspirantes con formación ou titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título ou da formación. Este requisito non será aplicable ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións regulamentadas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

2.4. Capacidade funcional.

Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

2.5. Habilitación.

Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada.

No caso de persoas nacionais doutros estados, non estar inhabilitada ou en situación equivalente, nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no estado de orixe o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

2.6. Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen ao corpo de funcionarios obxecto desta convocatoria.

Terceira. Solicitudes

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán formular a súa solicitude segundo o modelo que figura no anexo II destas bases, que tamén estará dispoñible na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

O prazo de presentación será de vinte días (20) hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude, dirixida á Presidencia do Parlamento de Galicia, na sede electrónica do Parlamento de Galicia (https://sede.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes tamén se poderán presentar no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo, nº 63, 15701 Santiago de Compostela, ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3.1. Documentación.

– Modelo de solicitude segundo o anexo II, completado.

– Fotocopia do DNI.

– Xustificante de ter aboados os dereitos de exame ou, na súa falta, de ser o caso, a documentación acreditativa de atoparse nalgunha das situacións a que fai referencia esta convocatoria susceptibles da exención do pagamento.

3.2. Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será de corenta e tres euros con trinta céntimos (43,30 €), que se aboarán mediante transferencia bancaria na conta corrente ES 50 2080 0388 21 3110000502 en Abanca, na cal se indicará: «Taxas selección CLPG» e o nome, apelidos e DNI da persoa aspirante.

Ás persoas aspirantes excluídas do proceso selectivo devolveráselles o importe ingresado, sempre que o soliciten no prazo dun mes, contado desde a publicación da relación definitiva de admitidos e excluídos no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

No entanto, estará exento/a do pagamento da taxa dos dereitos de exame quen acredite debidamente estar incurso/a nalgunha das situacións a que fai referencia a normativa vixente en materia de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.3. Discapacidades.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar, se for necesario e xustificado, posibles adaptacións de tempo e medios especiais para a realización dos exercicios.

De ser o caso, deberán indicalo na súa solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente e achegar coa solicitude a documentación acreditativa correspondente. De formularen a solicitude por sede electrónica, para a compulsa da documentación achegada aplicarase o disposto no parágrafo final da base 8.1.

De a solicitude derivar dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas vinte e catro (24) horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

Cuarta. Admisión de persoas aspirantes

4.1. Logo de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia do Parlamento de Galicia aprobará as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal), coas causas das exclusións, de ser o caso.

4.2. As persoas aspirantes excluídas inicialmente, ou aquelas que non figuraren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, para poderen alegar ou para emendaren, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

As persoas que, no prazo sinalado, non repararen a causa de exclusión ou alegaren a omisión serán definitivamente excluídas da participación no proceso selectivo.

4.3. Transcorrido o devandito prazo, a Presidencia ditará unha nova resolución pola que se aprobará a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa. A estimación ou desestimación das emendas achegadas entenderase implícita nesta resolución definitiva e a súa publicación servirá de notificación a quen presentase alegacións.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos nestas bases. Cando da documentación que deba presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, a persoa interesada decaerá en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación neste procedemento.

Contra esta resolución poderá interporse recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, ou ben poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ambos desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinta. Tribunal cualificador

5.1. Composición.

O tribunal cualificador do proceso será designado pola Presidencia do Parlamento de Galicia de acordo coa normativa reguladora da función pública aplicable nesta materia. Non poderá estar composto maioritariamente por persoal do corpo de que se trate. Ningunha persoa integrante terá titulación inferior á exixida para a admisión ás probas. Na súa composición debe atenderse aos principios de imparcialidade e profesionalidade e ás normas de igualdade de mulleres e homes.

A resolución do nomeamento será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa (www.parlamentodegalicia.gal).

O tribunal poderá acordar solicitar á Oficialía Maior a incorporación de asesores e asesoras especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que considere necesario, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas, e terán voz, mais non voto. A designación de tales persoas asesoras deberá ser comunicada á Presidencia do Parlamento de Galicia.

5.2. Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir ou poderán ser recusados por calquera persoa interesada, e particularmente polas persoas aspirantes, cando concorra algún dos supostos previstos nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizaron tarefas de preparación de aspirantes relativas a procesos selectivos de acceso ao corpo a que corresponde a praza obxecto desta convocatoria nos cinco anos anteriores ao da súa publicación. Neste caso, deberán comunicalo á Presidencia do Parlamento.

De se producir esta situación e, consecuentemente, a vacante dun membro do tribunal titular, o seu suplente cubrirá o devandito posto e a Presidencia designará un novo ou unha nova suplente.

A persoa que presida o tribunal, na sesión de constitución deberá facer, e solicitar aos demais membros do tribunal e, de ser o caso, tamén ás persoas asesoras previstas na base 5.1, que fagan unha declaración expresa de non se atoparen incursos/sas nas circunstancias previstas nos parágrafos anteriores.

5.3. Constitución e actuación

A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia da maioría dos seus membros e será necesaria, en todo caso, a presenza do presidente ou da presidenta e do secretario ou da secretaria, ou de quen os substitúa.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

As decisións do tribunal adoptaranse por maioría dos presentes.

Por cada sesión do tribunal redactarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do secretario ou secretaria e o visto e prace do presidente ou da presidenta, ou de quen os substitúa.

Corresponden ao tribunal cualificador as funcións relativas á determinación concreta do contido dos exercicios e a cualificación das persoas aspirantes, así como, en xeral, a adopción de todas as medidas que sexan precisas para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo. O tribunal queda facultado para resolver todas as dúbidas que xurdan na interpretación e aplicación das normas contidas nas bases desta convocatoria, e para determinar a actuación procedente nos casos non previstos.

O presidente ou a presidenta do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que, cando o formato do exercicio o permita, os exercicios sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade, excepto nos casos en que estea prevista a lectura pública ou a exposición oral.

O tribunal adoptará as medidas oportunas que permitan que as persoas aspirantes con algunha discapacidade que así o indicasen na solicitude poidan participar nas probas en igualdade de condicións que o resto das persoas participantes.

Se durante a realización das probas o tribunal tiver dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Será nula de pleno dereito calquera proposta de selección que o contraveña.

Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, ante a Mesa do Parlamento de Galicia, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para os efectos de comunicacións e posibles incidencias, o tribunal cualificador terá a súa sede no domicilio oficial do Parlamento de Galicia, rúa do Hórreo, nº 63, 15701 Santiago de Compostela.

Sexta. Proceso de selección

O sistema de selección será o de oposición. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a estas bases.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, na data de publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do nomeamento do tribunal, estean publicadas oficialmente no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior. As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que fosen derrogadas parcial ou totalmente, nas condicións temporais do parágrafo anterior, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total.

6.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na realización de catro (4) exercicios obrigatorios e eliminatorios:

– Dous orais de carácter teórico.

– Unha proba escrita de tipo práctico.

– Unha proba para acreditar a competencia na lingua galega.

Ademais, os aspirantes, con carácter voluntario e non eliminatorio, poderán presentarse a un exercicio de lectura e tradución de linguas estranxeiras. Para estes efectos, as persoas aspirantes deberán indicar o idioma comunitario da súa elección na solicitude que figura como anexo II a esta convocatoria.

6.1.1. Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio (70 puntos):

Consistirá en expor oralmente dous (2) temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un da primeira parte (temas 1 ao 28) e outro da segunda parte (temas 29 ao 73); dous (2) temas de dereito administrativo; dous (2) temas de facenda pública, un da primeira parte (temas 1 ao 19) e outro da segunda parte (temas 20 ao 32); e un (1) tema de dereito penal.

Os temas serán designados ao chou e exporanse pola orde indicada. O tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco (5) minutos.

Para preparar a exposición oral dos temas concederase á persoa aspirante un tempo de dez (10) minutos.

Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.

Se en calquera momento da exposición dos temas o tribunal, consultado para ese efecto pola súa presidenta ou presidente e por decisión unánime dos seus membros, apreciar unha manifesta deficiencia de contido, convidará a persoa aspirante a retirarse, indicándolle o motivo, e dará por concluído o exercicio, deixando constancia na acta da sesión correspondente.

Cualificación do exercicio:

– Para superar o exercicio é necesario alcanzar un mínimo de cinco (5) puntos en cada un dos temas.

– A cualificación final do exercicio será a suma das puntuacións alcanzadas en cada unha dos temas.

6.1.2. Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio (70 puntos): só para as persoas aspirantes que superen o primeiro exercicio.

Consistirá en expor oralmente dous (2) temas de dereito civil; un (1) de dereito hipotecario; un (1) de dereito mercantil; dous (2) de dereito procesual e, por último, un (1) de dereito laboral, sanitario e da seguridade social.

Os temas serán designados ao chou e exporanse na orde indicada. O tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco (5) minutos.

Para preparar a exposición oral dos temas concederáselle ao opositor ou opositora un tempo de dez (10) minutos.

Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.

Se en calquera momento da exposición dos temas o tribunal, consultado para ese efecto pola súa presidenta ou presidente e por decisión unánime dos seus membros, apreciar unha manifesta deficiencia de contido, convidará a persoa aspirante a retirarse, indicándolle o motivo, e dará por concluído o exercicio, deixando constancia na acta da sesión correspondente.

Cualificación do exercicio:

– Para superar o exercicio é necesario alcanzar un mínimo de cinco (5) puntos en cada un dos temas.

– A cualificación final do exercicio será a suma das puntuacións alcanzadas en cada un dos temas.

6.1.3. Terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio (35 puntos): só para as persoas aspirantes que superen os dous exercicios anteriores.

Consistirá en realizar algunha actuación escrita sobre un asunto do Parlamento ou da súa administración. Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais en formato impreso e sen comentarios doutrinais.

O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando os coñecementos, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. No desenvolvemento da lectura o tribunal poderalles realizar preguntas ás persoas aspirantes en relación co seu exercicio.

Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas dos exercicios para comparar a lectura efectuada polo aspirante.

Cualificación do exercicio:

– Para superar o exercicio é necesario alcanzar un mínimo de dezasete puntos e medio (17,5).

6.1.4. Cuarto exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio (apto/non apto): só para as persoas aspirantes que superen o tres exercicios anteriores.

Constará de dúas probas.

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Cualificación do exercicio:

Este exercicio valorarase como «apto» ou «non apto», e para superalo cumprirá obter o resultado de «apto». Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa cualificación que ao seu parecer merece.

Estarán exentas da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o nivel Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais, fotocopias compulsadas ou documentos verificables electronicamente), de non constaren en poder da Administración parlamentaria, deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o terceiro exercicio no prazo máximo de tres (3) días hábiles, contados desde o seguinte á publicación das cualificacións. Coa convocatoria para a realización deste exercicio publicarase unha lista das persoas que están obrigadas a facelo. A non aceptación da solicitude de exención entenderase implícita na inclusión nesta lista e a súa publicación servirá de notificación a quen solicitase a exención.

Esta documentación poderá presentarse no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6.1.5. Quinto exercicio, de carácter voluntario (6 puntos): só para as persoas aspirantes que superen o catro exercicios anteriores.

Consistirá na realización dunha proba de idioma.

Esta proba realizarase no idioma comunitario escollido pola persoa aspirante. Consistirá nunha lectura ante o tribunal dun texto orixinal, así como na tradución deste. Para tal efecto, o tribunal determinará o texto sobre o cal se practicará a proba.

Para a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polos/as asesores/as especialistas que designe.

O tempo máximo de duración será de trinta (30) minutos.

Cualificación do exercicio:

Este exercicio cualificarase de 0 a 6 puntos.

6.2. Desenvolvemento do proceso selectivo.

O primeiro exercicio deberá realizarse no prazo máximo de corenta (40) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da constitución do tribunal.

Entre a realización dun exercicio e o seguinte deberán transcorrer un mínimo de corenta e oito (48) horas e un máximo de corenta (40) días hábiles.

A convocatoria da realización dos sucesivos exercicios será efectuada polo tribunal e publicada na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal), polo menos corenta e oito (48) horas antes da data e hora sinaladas para o seu inicio.

A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola letra «P», en conformidade co sorteo realizado e publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (BOPG nº 92, do 12 de febreiro de 2021).

As persoas aspirantes deberán presentarse, para a realización de cada exercicio, provistas do documento nacional de identidade ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán levar bolígrafo azul ou negro.

As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, e será excluída da oposición a persoa que non compareza.

No entanto, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderano pór en coñecemento do tribunal, achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, adiala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá ningún tipo de recurso, sen prexuízo de as razóns da impugnación se incluíren en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

A situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia da COVID-19 constitúe unha causa de forza maior que xustifica a adopción de medidas especiais que teñen por obxecto garantir a celebración do proceso selectivo. Con esta finalidade, a Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 19, do 21 de xaneiro), prevé na disposición adicional segunda, sobre medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria, a posibilidade de adoptar medidas específicas. En consecuencia, o tribunal poderá acordar a fixación de datas alternativas para a realización dos exercicios deste proceso selectivo ás persoas aspirantes que non poidan participar na data inicialmente sinalada por estaren a cumprir unha medida de illamento, ou corentena, debidamente xustificadas, por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto estreito. A data alternativa deberá fixarse coas garantías suficientes para non alterar o desenvolvemento normal do procedemento selectivo.

Os exercicios escritos realizaranse a porta pechada, sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e os colaboradores e colaboradoras designados pola Oficialía Maior, de ser o caso.

Os exercicios distribuiranse en galego. Con todo, tamén se distribuirán en castelán ás persoas aspirantes que así o soliciten.

En calquera momento, as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola convocatoria, comunicarao ao Servizo de Persoal e Réxime Interior para que este lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

Caso de a persoa aspirante non acreditar o cumprimento dos requisitos, o Servizo de Persoal e Réxime Interior proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convocante publicará a resolución que corresponda.

O tribunal facilitará a cada persoa aspirante dous sobres para introducir de maneira independente o exercicio realizado e a identificación do seu autor ou autora. Os sobres serán pechados e grampados conxuntamente, diante da persoa interesada.

A cualificación de cada exercicio realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, excluíndo as dúas papeletas que conteñan as puntuacións máxima e mínima, sen que en ningún caso poidan ser excluídas máis dunha máxima e unha mínima; sumaranse os puntos consignados en todas as restantes e o total dividirase polo número de papeletas computadas. O cociente obtido constituirá a cualificación.

A persoa aspirante que en calquera exercicio non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible quedará definitivamente eliminada da oposición.

As persoas aspirantes non poderán acudir ao recinto do exame provistas de teléfono móbil nin de obxectos ou demais dispositivos de carácter electrónico.

6.3. Cualificacións.

Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, no caso de o tribunal acordar parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

As cualificacións dos exercicios faranse públicas, no caso dos exercicios teóricos, ao cabo de cada sesión. No exercicio práctico e nos de idiomas, publicaranse conxuntamente, despois de finalizar cada un dos ditos exercicios, e o tribunal poderá utilizar, para deliberar, o tempo que sexa necesario.

As cualificacións de cada un dos exercicios publicaranse na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal) e no taboleiro de anuncios da Administración parlamentaria.

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación, na web do Parlamento de Galicia, da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Sétima. Lista de cualificacións finais

7.1. Unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios, a resolución do tribunal coa relación das persoas aspirantes que superaron os catro exercicios obrigatorios e eliminatorios e, de ser o caso, o exercicio voluntario, coa puntuación total obtida, será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

Contra esta resolución, as persoas aspirantes poderán presentar alegacións, que non terán o carácter de recurso, ante o tribunal cualificador no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Tales alegacións serán resoltas na proposta definitiva das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo.

A orde de prelación das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

No caso de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, os criterios para resolver esa situación serán, por esta orde, os seguintes:

– A puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Por orde alfabética do primeiro apelido comezando pola letra «P», en conformidade co sorteo realizado e publicado na web corporativa.

– Por sorteo entre as persoas implicadas.

Transcorridos os dez (10) días hábiles do prazo referido para presentar alegacións contra a lista provisional e, de ser o caso, resoltas as alegacións presentadas, o tribunal fará pública, nos mesmos lugares previstos neste punto, a proposta definitiva das persoas seleccionadas coas cualificacións obtidas en cada unha das fases do proceso selectivo, e elevará á Mesa do Parlamento unha proposta en favor da persoa aspirante que obtivese a maior puntuación para o seu nomeamento como persoal funcionario do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia.

Para asegurar a cobertura das vacantes, se se producir a renuncia da persoa seleccionada antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan, por puntuación, á proposta para o seu posible nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos de persoas aspirantes na situación que se refire no último parágrafo da base oitava desta convocatoria.

7.2. A Mesa do Parlamento adoptará o acordo de finalización do proceso selectivo e de aprobación do seu resultado co ingreso da persoa proposta no corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia, como persoal funcionario de carreira. Este acordo publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa e será notificado ás persoas seleccionadas.

Oitava. Presentación de documentos

8.1. As persoas aspirantes que superen o proceso selectivo deberán presentar ante a Presidencia do Parlamento, sempre que non conste en poder da Administración parlamentaria, no prazo de vinte (20) días hábiles desde que se faga público o acordo de aprobación do proceso selectivo por parte da Mesa do Parlamento de Galicia, a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do título exixido na base 2.3 ou certificación académica que acredite ter realizados todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán presentar credencial da súa validación ou homologación.

b) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a nin despedido/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que fose separado/a ou inhabilitado/a, nin pertencer ao mesmo corpo, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

No caso de ser nacional doutro estado, declaración responsable de non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a unha sanción disciplinaria ou equivalente que impida no estado de orixe o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións e tarefas.

As persoas aspirantes teñen dereito a non achegar documentos que xa se atopen en poder da Administración do Parlamento de Galicia ou fosen elaborados por calquera outra Administración. O Parlamento de Galicia poderá consultar ou solicitar os devanditos documentos salvo que a persoa interesada se opuxer a iso.

No caso de presentación por sede electrónica, a compulsa dos orixinais en papel debe ser electrónica, de acordo co artigo 29 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Os documentos orixinais asinados electronicamente serán válidos sempre que se manteñan en soporte electrónico. Os documentos electrónicos con código de verificación CSV serán válidos en calquera soporte, pois a través do número de referencia poderá compararse co orixinal.

8.2. A persoa que, dentro do prazo fixado, excepto nos casos de forza maior libremente apreciados pola Presidencia, non presentar a documentación ou respecto da cal, despois de examinala, se deducir que non cumpre algún dos requisitos sinalados na base segunda, non poderá ser nomeada persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial. Neste caso, seguirase o procedemento establecido no parágrafo final da base sétima.

Novena. Nomeamento

Unha vez finalizado o proceso selectivo e acreditada a posesión dos requisitos exixidos, a persoa seleccionada será nomeada persoal funcionario de carreira por resolución da Presidencia. Este nomeamento será notificado á persoa interesada e publicado no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

No prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, a persoa nomeada deberá tomar posesión ante a Presidencia do Parlamento e realizar o xuramento ou promesa de acatamento á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia, de obediencia ás leis e de exercer imparcialmente as súas funcións.

De non se facer efectiva a toma de posesión dentro do prazo establecido, por causa imputable á persoa interesada, producirase o decaemento do seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira neste proceso selectivo.

Décima. Lista de espera para substitucións

As persoas aspirantes que non superasen o proceso selectivo pasarán a formar parte dunha lista de espera que se constituirá no Parlamento de Galicia para cubrir as necesidades eventuais de persoal que puidesen xurdir, en condición de persoal funcionario interino vinculado ao mantemento das circunstancias polas que son nomeadas, segundo o disposto no acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 22 de marzo de 2021, polo que se aproban as normas de funcionamento das listas de espera para o nomeamento de persoal funcionario interino da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG nº 117, do 26 de marzo).

Os requisitos para elaborar as listas serán:

1º. Superar, polo menos, o primeiro dos exercicios.

2º. A puntuación total obtida nos exercicios superados no proceso selectivo.

No caso de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, os criterios para resolver esa situación serán os establecidos na base 7.1.

Décimo primeira. Cláusula final

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición ante a Mesa do Parlamento de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO I

Programa que rexerá nas probas selectivas para ingresar
no corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia

– Dereito constitucional, comunitario e autonómico.

Primeira parte:

Tema 1. O concepto de constitución: natureza e significado. A Constitución de 1978: proceso de elaboración. Sistemática e estrutura. Características xerais. O bloque de constitucionalidade. A reforma da Constitución.

Tema 2. Valores superiores do ordenamento constitucional. Os principios fundamentais da Constitución. A soberanía. A división de poderes. A representación política. A participación política.

Tema 3. O Estado na Constitución; o significado constitucional do concepto. Estado de dereito. Estado social. Estado democrático.

Tema 4. O Goberno do Estado e a Administración. As funcións do Goberno. A función normativa. A función política. A función administrativa.

Tema 5. A Coroa. O rei; a súa posición constitucional. Funcións do rei. O rei e o Goberno. O rei e as Cortes. O rei e a política internacional. A orde de sucesión. A rexencia e a tutela do rei. Referendo dos actos do rei; as súas formas.

Tema 6. As Cortes Xerais: composición e relacións entre as dúas cámaras. Os privilexios parlamentarios colectivos; referencia aos regulamentos parlamentarios. O goberno interior das cámaras. O funcionamento das cámaras; en especial, os grupos parlamentarios. Os privilexios parlamentarios individuais: a inviolabilidade e a inmunidade parlamentarias.

Tema 7. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa; tramitación. As funcións económicas e financeiras. A función de control; en especial, a moción de censura e a cuestión de confianza. As Cortes e os tratados internacionais.

Tema 8. Eleccións e normas electorais. Administración electoral. Normas xerais do proceso electoral. Reclamacións electorais. Delitos e infraccións electorais.

Tema 9. O poder xudicial na Constitución. Os seus órganos e goberno. A independencia e a actuación xudicial. Medios de participación popular na Administración de xustiza.

Tema 10. Teoría dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Garantías e límites na Constitución española. O Defensor do Pobo. A suspensión de dereitos. O principio e o dereito fundamental á igualdade.

Tema 11. Dereito á vida e á integridade física e moral. Dereito á liberdade persoal. Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe; a protección contra o uso da informática e as novas tecnoloxías. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia.

Tema 12. As liberdades de pensamento, expresión e información. A liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. O dereito á educación. O dereito de petición. O dereito á libre circulación.

Tema 13. Dereito de reunión. Dereito de asociación. O dereito á participación nos asuntos públicos; os partidos políticos. Dereito de sindicación. Dereito á folga.

Tema 14. Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política económica e social.

Tema 15. A defensa xurídica da Constitución: sistemas. O Tribunal Constitucional: natureza e funcións. A súa composición. Competencias do Pleno, salas e seccións.

Tema 16. Disposicións comúns sobre procedemento. O recurso de amparo constitucional. Casos nos que procede e prazos. Lexitimación. Suspensión do acto impugnado. Procedemento e sentenza.

Tema 17. Procesos de declaración de inconstitucionalidade. Disposicións xerais. Recurso de inconstitucionalidade e da cuestión de inconstitucionalidade. Recurso previo de inconstitucionalidade contra proxectos de estatutos de autonomía e contra propostas de reforma de estatutos de autonomía. Efectos das sentenzas.

Tema 18. Conflitos constitucionais. Conflitos positivos e negativos das comunidades autónomas co Estado. Conflitos en defensa da autonomía local. Conflitos entre órganos constitucionais do Estado. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Tema 19. A organización territorial do Estado na Constitución española. O Estado autonómico; o artigo 2 da Constitución: a autonomía das nacionalidades e rexións. A autonomía local na Constitución; a súa garantía institucional.

Tema 20. O proceso de integración europea: das Comunidades Europeas á Unión Europea. Os tratados constitutivos e as súas modificacións. A dimensión rexional de Europa; comunidades autónomas e institucións europeas; o Comité das Rexións; a Asemblea das Rexións de Europa.

Tema 21. Estrutura orgánica das institucións comunitarias. O Consello Europeo. O Parlamento; especial referencia aos procedementos de elaboración de normas. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social.

Tema 22. Concepto e caracteres do dereito comunitario. As súas fontes: dereito orixinario e dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.

Tema 23. Aplicación e eficacia do dereito comunitario nos países membros. O xuíz nacional na aplicación do dereito comunitario. O dereito comunitario e a Constitución española. As comunidades autónomas e o dereito comunitario. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

Tema 24. As liberdades básicas do sistema comunitario. O mercado interior. Libre circulación de mercadorías, de persoas, servizos e capitais.

Tema 25. A cidadanía da UE. Normas sobre competencia. Disposicións aplicables a empresas. Axudas outorgadas polos estados.

Tema 26. As políticas comunitarias e os fondos estruturais. A política agraria común. A política común pesqueira. A política económica e social. A unión económica e monetaria. Outras políticas.

Tema 27. O sistema xurisdicional da UE. O Tribunal de Xustiza. O tribunal de primeira instancia; composición, competencias, procedemento e regras de funcionamento.

Tema 28. O recurso por incumprimento: estudo previo da actividade da Comisión; o ditame motivado. O recurso de anulación. O recurso de inactividade. A cuestión pre-xudicial. A acción de responsabilidade extracontractual.

Segunda parte:

29. As fontes do dereito parlamentario galego. A Constitución. O Estatuto de Autonomía de Galicia. O Regulamento do Parlamento de Galicia. Outras fontes.

30. A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. A convocatoria e o desenvolvemento da sesión constitutiva. A elección da Mesa do Parlamento de Galicia.

31. A cuestión idiomática no Parlamento de Galicia.

32. O estatuto dos/das parlamentarios/as galegos/as (I). Adquisición da condición plena de deputado/a. A presentación da credencial. Declaración de incompatibilidades. Xuramento ou promesa.

33. O estatuto dos/das parlamentarios/as galegos/as (II). Os dereitos dos/das deputados/as. Dereito de asistencia. Dereito a integrarse en comisións. Dereito de información. Dereitos económicos.

34. O estatuto dos/das parlamentarios/as galegos/as (III). Os deberes dos/das deputados/as. Deber de asistencia. Deber de boa conduta. Deber de non prevalencia. Deber de realizar declaración de bens e actividades. Deber de observar as normas sobre incompatibilidades.

35. O estatuto dos/das parlamentarios/as galegos/as (IV). As prerrogativas. A inviolabilidade. A inmunidade limitada. A salvagarda dos dereitos por parte da Presidencia da Cámara.

36. O estatuto dos/das parlamentarios/as galegos/as (V). A suspensión dos/das deputados/as. A perda da condición de deputado/a.

37. A disciplina parlamentaria. As obrigas dos/das parlamentarios/as. As sancións de que poden ser obxecto.

38. Os grupos parlamentarios no dereito parlamentario galego (I). Número mínimo de deputados/as. Límites legais á constitución dos grupos parlamentarios. Grupos parlamentarios non partidarios. Deputados/as asociados/as. Grupo mixto.

39. Os grupos parlamentarios no dereito parlamentario galego (II). Dinámica dos grupos parlamentarios. Deputados/as incorporados/as. O abandono do grupo parlamentario. A disolución dun grupo parlamentario. A constitución de novos grupos parlamentarios.

40. Os grupos parlamentarios no dereito parlamentario galego (III). Financiamento dos grupos parlamentarios. Igualdade de dereitos dos grupos parlamentarios.

41. Os órganos de goberno (I). A Mesa: definición. Composición e funcionamento. Funcións normativas. Funcións administrativas. Funcións cualificativas. Funcións organizativas. Funcións residuais.

42. Os órganos de goberno (II). A Presidencia. Funcións xerais. Funcións residuais. O réxime de suplencia.

43. Os órganos de goberno (III). A Xunta de Portavoces. Composición. Funcionamento. Funcións.

44. As comisións parlamentarias na Cámara galega (I). Composición. Estrutura. Réxime de funcionamento. Convocatoria. Constitución. Competencias. Duración dos traballos.

45. As comisións parlamentarias na Cámara galega (II). Tipoloxía. As comisións permanentes lexislativas.

46. As comisións parlamentarias na Cámara galega (III). As comisións permanentes non lexislativas.

47. As comisións parlamentarias na Cámara galega (IV). As comisións especiais.

48. As sesións parlamentarias na Cámara galega (I). Pleno. Convocatoria. A publicidade plenaria. A fe pública das sesións plenarias.

49. As sesións parlamentarias na Cámara galega (II). A Deputación Permanente. Funcións. Composición. A dación de contas.

50. A deliberación e os acordos parlamentarios (I). A fixación da orde do día. Alteración da orde do día. Os debates. As alusións. As chamadas ao cumprimento do Regulamento. O dereito de réplica. As facultades moderadoras da Presidencia.

51. A deliberación e os acordos parlamentarios (II). Tipos de intervención. Duración das intervencións e á súa fixación. Orde das intervencións.

52. A deliberación e os acordos parlamentarios (III). As votacións. O quórum legal. O desenvolvemento das votacións. Clases. Os empates. A explicación do voto.

53. A orde parlamentaria nos debates. A chamada á orde. As chamadas á cuestión. Definición. Sanción.

54. A orde no recinto parlamentario. Principio xeral. Ámbito do poder disciplinario. Poderes de policía nas sesións. A orde nas tribunas. Condutas punibles. Medidas adoptables.

55. A Xunta de Galicia como destinataria da confianza parlamentaria (I): a investidura. Concepto. Substanciación.

56. A Xunta de Galicia como destinataria da confianza parlamentaria (II): a moción de censura. Concepto. Substanciación.

57. A Xunta de Galicia como destinataria da confianza parlamentaria (III): a cuestión de confianza. Concepto. Procedemento. Votación.

58. O procedemento lexislativo ordinario no Parlamento de Galicia (I). A iniciativa lexislativa. A tramitación inicial dos proxectos de lei. Os requisitos da exposición de motivos e antecedentes. A actuación da Mesa. Presentación das emendas. O debate de totalidade.

59. O procedemento lexislativo ordinario no Parlamento de Galicia (II). A tramitación inicial das proposicións de lei. Os antecedentes das proposicións de lei. A actuación da Mesa. O debate de toma en consideración. A presentación das emendas.

60. O procedemento lexislativo ordinario no Parlamento de Galicia (III). A substanciación común dos textos lexislativos. A redacción do informe de relatorio. A elaboración do ditame de comisión. A segunda lectura plenaria. Obxecto do debate. Desenvolvemento do debate. Falta de redacción harmónica: a terceira lectura plenaria.

61. Os procedementos lexislativos especiais (I). As leis de desenvolvemento básico do Estatuto de autonomía. A iniciativa. O procedemento.

62. Os procedementos lexislativos especiais (II). A reforma do Estatuto de Galicia.

63. Os procedementos lexislativos especiais (III). A lei orzamentaria anual. Marco de tramitación. Debate e aprobación.

64. Os procedementos lexislativos especiais (IV). A competencia lexislativa plena das comisións. Iniciativa. Substanciación. Aprobación.

65. Os procedementos lexislativos especiais (V). A tramitación dun proxecto de lei en lectura única. Substanciación. Aprobación.

66. Os procedementos lexislativos especiais (VI). A proposición e solicitude de proxectos para a aprobación das leis estatais.

67. A Xunta ante o Parlamento: as comunicacións da Xunta de Galicia. Exame de programas e plans. Información da Xunta de Galicia. En comisión. En pleno.

68. A Xunta ante o Parlamento: o control das disposicións da Xunta de Galicia con forza de lei. A delegación lexislativa na Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento.

69. Instrumentos de impulso político: as proposicións non de lei. Concepto. Suxeitos. Obxecto. Procedemento. A cualificación pola Mesa do Parlamento. Emendas. Inclusión na orde do día. Debate.

70. A actividade rogatoria e de impulso no Parlamento de Galicia (I). As interpelacións. Suxeitos. Procedemento. Decaemento.

71. A actividade rogatoria e de impulso no Parlamento de Galicia (II). As mocións. Definición. Suxeitos. Procedemento.

72. A actividade rogatoria e de impulso no Parlamento de Galicia (III). As preguntas. Suxeitos. Procedemento. Tipos: orais en Pleno, orais en comisión, escritas.

– Dereito administrativo.

Tema 1. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas e trazos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración. Transparencia e boas prácticas na actuación da Administración.

Tema 2. O regulamento administrativo: concepto e natureza. Fundamento da potestade regulamentaria. Clasificación dos regulamentos. Procedemento de elaboración dos regulamentos: normativa estatal e autonómica.

Tema 3. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderrogabilidade singular. Os actos administrativos xerais e as instrucións e ordes de servizo. A impugnación dos regulamentos.

Tema 4. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas.

Tema 5. As potestades administrativas, o principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudo especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados. A discrecionalidade técnica.

Tema 6. O administrado. Dereitos públicos subxectivos e intereses lexítimos: conceptos e diferenzas. Clasificación dos dereitos públicos subxectivos. Situacións xurídicas pasivas. As prestacións do administrado. Colaboración dos administrados coa Administración pública.

Tema 7. O procedemento administrativo común das administracións públicas (I). Principios xerais. A capacidade de obrar ante as administracións públicas. O interesado, representación, identificación e sinatura.

Tema 8. O procedemento administrativo común das administracións públicas (II). A actividade das administracións públicas. Normas xerais de actuación. Os prazos. Os actos administrativos, requisitos e eficacia. Obriga de resolver e silencio administrativo. As notificacións e as publicacións. Nulidade e anulabilidade.

Tema 9. O procedemento administrativo común das administracións públicas (III). Fases do procedemento. A execución das resolucións.

Tema 10. O procedemento administrativo común das administracións públicas (IV). A revisión de oficio, a declaración de lesividade, a revogación dos actos administrativos e a rectificación de erros. Os recursos administrativos: concepto e clases. A iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria das administracións.

Tema 11. O réxime xurídico do sector público (I). A organización administrativa do sector público. Disposicións xerais, principios de actuación e funcionamento. Os órganos administrativos. A competencia. Os órganos colexiados.

Tema 12. O réxime xurídico do sector público (II). Os convenios administrativos: tipoloxía. Requisitos de validez, contido, duración e extinción. As relacións interadministrativas: principios xerais. O deber de colaboración: técnicas de colaboración. Relacións de cooperación: técnicas de cooperación.

Tema 13. O réxime xurídico do sector público (III). A Administración xeral do Estado. Organización e estrutura. Órganos superiores e directivos. Organización territorial da Administración xeral do Estado.

Tema 14. O réxime xurídico do sector público (IV). A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Organización e estrutura. Órganos superiores e directivos. Organización territorial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 15. O réxime xurídico do sector público (V). O sector público institucional: os organismos autónomos, as axencias públicas, as autoridades administrativas independentes, as entidades públicas empresariais, as sociedades públicas mercantís, os consorcios públicos, as fundacións do sector público e os fondos sen personalidade xurídica.

Tema 16. Contratos do sector público (I). Principios da contratación do sector público. Sector público contractual: poderes adxudicadores que son Administración pública, poderes adxudicadores que non son Administración pública, entidades do sector público que non son poder adxudicador. Cualificación dos contratos do sector público: obxecto, marco de actuación e liminares. Contratos administrativos e contratos privados. Orde xurisdicional competente.

Tema 17. Contratos do sector público (II). Necesidade e idoneidade dos contratos. Eficiencia. Duración dos contratos. Requisitos e contido mínimo dos contratos. Perfeccionamento dos contratos. Réxime de invalidez: causas de nulidade, de anulabilidade e revisión de oficio dos contratos. O recurso especial en materia de contratación.

Tema 18. Contratos do sector público (III). A competencia para contratar. Aptitude para contratar co sector público: acreditación. Capacidade e solvencia do empresario. Clasificación das empresas. Prohibición para contratar. Garantías exixibles nos contratos concertados coas administracións públicas.

Tema 19. Contratos do sector público (IV). Obxecto do contrato. O orzamento base de licitación. Valor estimado e prezo.

Tema 20. Contratos do sector público (V). Preparación dos contratos. O expediente de contratación. Tramitación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Tema 21. Contratos do sector público (VI). A adxudicación dos contratos. Procedementos de adxudicación. Anuncios, prazos e presentación de proposicións. Criterios de adxudicación. Clasificación das ofertas. Formalización dos contratos.

Tema 22. Contratos do sector público (VII). Efectos e cumprimento dos contratos administrativos. Ampliación de prazos. Pagamento do prezo. Obrigas. Modificación dos contratos. Modificacións previstas e non previstas nos pregos de cláusulas administrativas. Suspensión e extinción. Causas de resolución e os seus efectos. Subcontratación.

Tema 23. Contratos do sector público (VIII). (A) O contrato de obras. O proxecto de obras, contido e supervisión. A implantación (o replanteo). A execución das obras. Certificacións e aboamentos á conta. A modificación do contrato de obras. Recepción e garantía. Responsabilidade do contratista. Resolución. (B) O contrato de subministración. Entrega e recepción. Pagamento do prezo. Garantía. Resolución. (C) O contrato de servizos. Determinación do prezo. Execución do contrato. Causas de resolución.

Tema 24. Contratos do sector público (IX). Os órganos de contratación. As mesas de contratación: a Mesa de contratación da Administración do Parlamento de Galicia. Os órganos consultivos en materia de contratación.

Tema 25. Contratos do sector público (X). Os rexistros oficiais de licitadores e empresas clasificadas. Rexistro de contratistas do sector público. Plataformas de contratación do sector público. Normas para a utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos nos procedementos de contratación. Normas relativas aos medios de comunicación que se empreguen nos procedementos de contratación. Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 1 de outubro de 2013, polo que se aproban as normas para a utilización dunha plataforma electrónica na contratación pública na Administración do Parlamento de Galicia (BOPG nº 170, do 2 de outubro de 2013, modificadas por Acordo da Mesa do 2 de decembro de 2013).

Tema 26. Subvencións: Concepto. A concorrencia competitiva e a concesión directa. Negocios incluídos e excluídos da Lei xeral de subvencións. Bases reguladoras das subvencións. Tramitación e resolución. A regulación das subvencións no Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia.

Tema 27. Patrimonio do sector público. Clasificación de bens: demaniais e patrimoniais. Incorporación de bens e dereitos. Cambio de titularidade. Xestión patrimonial: adquisición, competencia e procedemento.

Tema 28. A responsabilidade patrimonial da Administración. Principais teorías. Lexislación española; antecedentes e regulación actual. Procedemento. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 29. O servizo público. A doutrina clásica do servizo público. Evolución da doutrina. As diferentes formas de xestión dos servizos públicos. A asunción por parte da Administración de actividades privadas e os seus instrumentos propios.

Tema 30. A función pública. Concepto. Natureza e contido da relación xurídica entre a Administración e os empregados/as públicos/as. Normas constitucionais. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

Tema 31. Estatuto básico do empregado público. O persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e deberes. Código de conduta. Adquisición e perda da relación de servizo. Ordenación da actividade profesional. Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Cooperación entre as administracións públicas.

Tema 32. O emprego público de Galicia (I). Principios informadores e ámbito de aplicación. Competencias en materia de persoal. Clases de persoal, concepto, funcións e requisitos. A estrutura do emprego público. Planificación. A oferta de emprego público.

Tema 33. O emprego público de Galicia (II). A selección dos empregados públicos, principios xerais. Requisitos de acceso e procesos selectivos. Adquisición da relación de servizo. Perda e renuncia. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos. Dereitos económicos e protección social. As situacións administrativas.

Tema 34. O emprego público de Galicia (III). A promoción profesional. A mobilidade. Dereitos colectivos dos empregados públicos. Negociación colectiva. Representación e participación. Órganos e procedementos. Réxime disciplinario, sancións e procedementos.

Tema 35. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (I). Obxecto e ámbito de aplicación. Órganos de persoal. Clasificación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia e rexistro de persoal. Comezo e extinción da relación de servizo. Planificación e ordenación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia. Provisión de postos e mobilidade. Acceso ao emprego público. Carreira e promoción profesional. Avaliación do desempeño. Formación e perfeccionamento.

Tema 36. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (II). Situacións administrativas. Sistema retributivo. Vacacións, licenzas e permisos. Representación, participación, negociación colectiva e dereito de reunión. Incompatibilidades. A protección social do persoal. O réxime disciplinario do persoal da Administración parlamentaria.

Tema 37. Normas reguladoras da xornada laboral semanal e do horario do persoal e de funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 267, do 4 de abril de 2014; BOPG núm. 674, do 11 de xullo de 2016, e BOPG núm. 151, fasc. 1º, do 24 de xullo de 2017). Normas reguladoras da flexibilización de xornada do persoal da Administración parlamentaria por motivos de conciliación da vida persoal e laboral (BOPG núm. 674, do 11 de xuño de 2016). Normas reguladoras do teletraballo na Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 324, do 30 de setembro de 2010). Normas básicas reguladoras da carreira profesional do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 401, do 19 de decembro de 2018). Normas reguladoras das eleccións á Xunta de Persoal da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 156, do 8 de xuño de 2006). Normas de avaliación de desempeño (BOPG núm. 608, do 18 de febreiro de 2020).

Tema 38. Transparencia, acceso á información pública e bo goberno: réxime xurídico no Estado e na Comunidade Autónoma de Galicia. Normativa en materia de transparencia no Regulamento do Parlamento de Galicia. O Portal de transparencia do Parlamento de Galicia.

Tema 39. Protección de datos de carácter persoal. Principios xerais. Conceptos e mecanismos de protección de datos persoais. O principio de responsabilidade proactiva. O enfoque do risco. A base de lexitimación para o tratamento de datos persoais. Dereitos dixitais. Identificación das persoas interesadas nas notificacións, anuncios e publicacións de actos administrativos. A regulación sobre protección de datos de carácter persoal no Parlamento de Galicia.

Tema 40. A administración electrónica (I). Conceptos básicos. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Ámbito de aplicación e principios xerais. A relación por medios electrónicos dos cidadáns coas administracións públicas. Réxime xurídico da administración electrónica. A xestión electrónica dos procedementos. Cooperación entre administracións para o impulso da administración electrónica.

Tema 41. A administración electrónica (II). O rexistro electrónico. Arquivo electrónico único e custodia dos documentos electrónicos. Sinatura electrónica e certificados. Documentos: concepto e clases. Documentos electrónicos. O arquivo de xestión. Transferencia e eliminación de documentos.

Tema 42. A administración electrónica (III). Aplicación no Parlamento de Galicia: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 8 de maio de 2006, polo que se aproban as normas de desenvolvemento do Regulamento da Cámara para a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na actividade parlamentaria (BOPG nº 139, do 13 de maio de 2006). Sede electrónica: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2017, polo que se aproban as normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento de Galicia (BOPG nº 89, do 24 de marzo de 2017).

Tema 43. Política de seguridade. A aplicación do Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración parlamentaria: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 5 de marzo de 2019, polo que se aproban as normas sobre a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia (BOPG nº 444, do 13 de marzo de 2019).

Tema 44. As entidades locais. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación vixente en materia de réxime local. A organización territorial de Galicia. As asociacións locais: as mancomunidades, os consorcios, os convenios e outras formas asociativas.

Tema 45. A acción administrativa en materia de agricultura e gandaría. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 46. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. Especial referencia á prevención de incendios forestais. Os montes veciñais en man común.

Tema 47. Pesca, marisqueo e cultivos mariños: competencias da Xunta de Galicia. A regulación xurídica do sector.

Tema 48. Costas: competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos: competencias da Xunta de Galicia; organización administrativa.

Tema 49. Augas terrestres: competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Organismos de bacía. Utilización do dominio hidráulico. Exame especial das concesións de augas. A planificación hidrolóxica.

Tema 50. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito e caixas de aforro. Competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico das transaccións económicas co exterior. O Instituto Galego de Promoción Económica.

Tema 51. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. A Administración e o medio ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. O réxime xurídico da protección ambiental: avaliación de impacto ambiental. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial: competencias da Xunta de Galicia.

Tema 52. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xeral do comercio retallista; especial referencia aos horarios comerciais. A intervención administrativa en materia de consumo.

Tema 53. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeneral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

Tema 54. Urbanismo. O deseño competencial na materia. O réxime urbanístico do solo; clasificación; os plans de ordenación: clases, formación, aprobación, publicación e efectos.

Tema 55. Acción administrativa en relación coa vivenda: competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. A Lei de vivenda de Galicia; referencia á ordenación da edificación. Vivendas de promoción pública.

Tema 56. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión. A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. A Administración e o turismo: competencias da Xunta de Galicia.

Tema 57. O Valedor do Pobo. Políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

– Facenda pública.

Primeira parte:

Tema 1. A facenda pública como disciplina e como rama do ordenamento xurídico. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: estrutura e contido. Principios xerais. Contido da Facenda autonómica. Prescrición dos créditos.

Tema 2. O orzamento: concepto, natureza e clases. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: a estabilidade orzamentaria e os principios básicos da súa estrutura. Contido. Elaboración, aprobación. Prórroga. Liquidación e remanentes. Réxime especial do orzamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.

Tema 3. Os créditos e as súas modificacións. Gastos plurianuais. Anulacións de créditos e regulación das obrigas. Créditos extraordinarios, suplementos e créditos ampliables. Transferencias de crédito; competencias e límites. Xeracións de crédito.

Tema 4. Contabilidade pública. Principios básicos. O Plan xeral de contabilidade pública do Estado. O Plan de contabilidade pública de Galicia.

Tema 5. O gasto público: concepto e procedemento de execución; autorización, fases do gasto e ordenación dos pagamentos. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. A débeda pública: concepto e clases. Emisión, conversión e amortización de títulos. Prescrición de capital e xuros.

Tema 6. O Regulamento de réxime orzamentario e contable do Parlamento de Galicia e o Valedor do Pobo (BOPG núm. 362, do 27 de maio de 2003). Normas reguladoras dos pagamentos «a xustificar» (BOPG núm. 460, do 12 de abril de 2019).

Tema 7. O patrimonio da Xunta de Galicia. Organización. Bens que o integran; clases. Adquisición de bens e dereitos. Alleamento e cesión. Protección e defensa.

Tema 8. Os tributos: concepto, natureza e clases. A Lei xeral tributaria: estrutura. Disposicións xerais do ordenamento tributario: principios xerais; especial referencia aos contidos na Constitución. Normas tributarias.

Tema 9. A Axencia Tributaria de Galicia. Disposicións xerais sobre os tributos: a relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias. Obrigas e deberes da Administración tributaria.

Tema 10. Os obrigados tributarios: dereitos e garantías; clases. A capacidade de obrar na orde tributaria. O domicilio fiscal.

Tema 11. Elementos de cuantificación da obriga tributaria. A débeda tributaria: disposicións xerais; formas de extinción.

Tema 12. Garantías. A aplicación dos tributos: principios xerais. Normas comúns sobre actuacións e procedementos tributarios.

Tema 13. Actuacións e procedemento de xestión tributaria: disposicións xerais. Os procedementos de xestión tributaria.

Tema 14. Actuacións e procedemento de inspección: disposicións xerais. O procedemento de inspección; iniciación, desenvolvemento e terminación.

Tema 15. Actuacións e procedemento de recadación: disposicións xerais. O procedemento de prema; iniciación, desenvolvemento e terminación. Procedemento fronte a responsables e sucesores. Organización recadatoria da Xunta de Galicia.

Tema 16. A potestade sancionadora na orde tributaria: principios. Disposicións xerais. Clasificación das infraccións e sancións tributarias. O procedemento sancionador tributario.

Tema 17. Revisión de actos tributarios en vía administrativa: normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: disposicións xerais; os órganos; especial referencia aos órganos da Xunta de Galicia.

Tema 18. Reclamacións económico-administrativas: os interesados, capacidade, lexitimación, representación e dirección técnica. Actos impugnables. Extensión da competencia do órgano revisor. Requisitos das actuacións. Suspensión dos actos impugnados.

Tema 19. Procedemento xeral económico-administrativo: o procedemento en única ou primeira instancia. Recursos. O procedemento abreviado.

Segunda parte:

Tema 20. O imposto sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito impoñible. Base impoñible. Ganancias e diminucións patrimoniais. Período impositivo. Débeda tributaria: base líquida, cota e débeda tributaria.

Tema 21. Imposto sobre sociedades. Concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito impoñible. Base impoñible. Período impositivo. A débeda tributaria.

Tema 22. O imposto sobre o patrimonio: concepto e natureza. Feito impoñible. Suxeitos pasivos. Base impoñible. Débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 23. Imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e responsable do imposto. Base impoñible: regras nos diferentes supostos. Base liquidable. Débeda tributaria.

Tema 24. Imposto sobre sucesións e doazóns (continuación). Normas especiais sobre certos bens e dereitos. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 25. Imposto sobre o valor engadido. Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e devindicación do imposto. Tipo impositivo. Sistema de deducións e devolucións. Réximes especiais. Normas básicas sobre a xestión do imposto.

Tema 26. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Natureza. Normas xerais. Normas sobre transmisións patrimoniais.

Tema 27. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (continuación). Normas sobre operacións societarias. Normas sobre actos xurídicos documentados. Xestión do imposto.

Tema 28. O financiamento das comunidades autónomas. A Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas: principios xerais. O Consello de Política Fiscal e Financeira. Recursos das comunidades autónomas. Asignacións do Fondo de Compensación Interterritorial e dos fondos comunitarios.

Tema 29. A potestade tributaria das comunidades autónomas. Os seus límites. Tributos cedidos polo Estado; especial referencia ás competencias normativas e de xestión asumibles polas comunidades autónomas. Participación nos tributos estatais non cedidos.

Tema 30. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

Tema 31. Facendas locais: os seus recursos. Tributos: normas xerais. Imposición e ordenación. Os impostos municipais sobre bens inmobles e actividades económicas. Referencia a outros impostos municipais.

Tema 32. O Tribunal de Contas; funcións. O Consello de Contas de Galicia: composición e organización. Competencias e funcións. Procedementos.

– Dereito penal.

Tema 1. Concepto do dereito penal. Fontes do dereito penal. O Código penal: estrutura. Aplicación das normas penais no tempo e no espazo. Interpretación das normas penais.

Tema 2. Teoría xeral do delito. Concepto de delito no Código penal español. Os seus elementos. Acción, tipicidade, antixuridicidade, culpabilidade e punibilidade.

Tema 3. Circunstancias que eximen de responsabilidade criminal. Exame das circunstancias atenuantes, agravantes e mixtas no Código penal.

Tema 4. Vida do delito. A excepcionalidade na punición da provocación, proposición e conspiración. Tentativa de delito. O delito consumado.

Tema 5. O suxeito activo do delito. Autores e cómplices. A responsabilidade penal das persoas xurídicas. O encubrimento.

Tema 6. Formas de aparición do delito. O delito continuado. O delito masa. Concurso de delitos: concurso real e concurso ideal. Concurso de leis.

Tema 7. Teoría xeral da pena. Clases de penas. Regras de aplicación das penas. As medidas de seguridade.

Tema 8. A extinción da responsabilidade criminal. A responsabilidade civil derivada da responsabilidade criminal; especial referencia á responsabilidade civil subsidiaria das administracións públicas. Os custos procesuais. Outras consecuencias accesorias da responsabilidade criminal.

Tema 9. Parte especial do dereito penal. Aspectos fundamentais dos delitos contra a vida e a integridade física e moral; especial referencia á violencia de xénero. Aspectos fundamentais dos delitos contra a liberdade, a liberdade sexual, contra a honra e a intimidade. Omisión do deber de socorro.

Tema 10. Os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Breve referencia ao furto, o roubo, a extorsión e as usurpacións. As defraudacións e os danos. Insolvencias punibles e delitos societarios.

Tema 11. Os delitos contra os dereitos dos traballadores. Os delitos contra a ordenación do territorio. Protección penal do patrimonio histórico. Os delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente.

Tema 12. O delito de incendio. As falsidades. Delitos contra a Administración de xustiza.

Tema 13. Delitos contra a Administración pública (I). Concepto de autoridade e funcionario público para efectos penais. Prevaricación. Abandono do destino e do deber de perseguir certos delitos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos.

Tema 14. Delitos contra a Administración pública (II). Suborno. Malversación. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios e abusos no exercicio da súa función.

Tema 15. Delitos contra a Facenda pública e contra a Seguridade Social. O delito fiscal e a fraude de subvencións.

Tema 16. As leis penais especiais. As relacións entre a xurisdición penal e a potestade sancionadora da Administración; en especial, o principio non bis in idem.

– Dereito civil.

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. O dereito civil en España. O proceso codificador. O Código civil español: estrutura e contido. Principais modificacións e leis complementarias do Código civil.

Tema 2. Os dereitos forais: antecedentes da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional: leis de dereito civil e compilacións vixentes. Estatuto de autonomía de Galicia e dereito civil. A Lei de dereito civil de Galicia: estrutura e contido.

Tema 3. As fontes do dereito: enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. Especial referencia ás fontes no dereito civil de Galicia. A Constitución como fonte do dereito.

Tema 4. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estrutura e clasificación. O ordenamento xurídico: valores superiores. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Eficacia das normas xurídicas. Fraude de lei. Erro de dereito.

Tema 5. Aplicación das leis no tempo. O problema da retroactividade ou irretroactividade. Aplicación das leis no espazo. Dereito internacional privado e dereito interrexional: principais regras do Código civil.

Tema 6. A relación xurídica. A institución xurídica. O dereito subxectivo. Categorías de dereitos subxectivos. Adquisición dos dereitos subxectivos. As chamadas situacións xurídicas secundarias: expectativas de dereitos e situacións xurídicas interinas. Exercicio dos dereitos; os seus límites: a boa fe e o abuso do dereito.

Tema 7. O suxeito da relación xurídica. A personalidade: adquisición e extinción. A capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Protección das persoas con discapacidade.

Tema 8. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. A dobre nacionalidade. Cidadanía; especial referencia ao Estatuto da cidadanía española no exterior, veciñanza e condición civil. A condición xurídica do estranxeiro. A condición xurídica do galego.

Tema 9. A ausencia. Ausencia non constituída ou de feito. Declaración de ausencia. Declaración de falecemento. A ausencia non declarada no dereito civil de Galicia. O rexistro civil: obxecto e organización.

Tema 10. A persoa xurídica: concepto e clases. Normas do Código civil. A teoría do levantamento do veo. Asociación e fundacións: concepto e réxime xurídico.

Tema 11. As fundacións de interese galego; disposicións xerais. Constitución. Goberno. Réxime económico. Funcionamento e actividade. Modificación dos estatutos. Fusión, escisión e extinción da fundación. O protectorado. Rexistro. O Consello Superior de Fundacións.

Tema 12. O obxecto da relación xurídica. As cousas: o seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.

Tema 13. O feito xurídico e o acto xurídico. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. A vontade: requisitos; o silencio como declaración de vontade. Os vicios da vontade.

Tema 14. A causa do negocio xurídico: concepto e teorías fundamentais. A causa no dereito español. Os negocios xurídicos indirectos, en particular, exame da simulación; referencia aos negocios xurídicos anómalos, fiduciarios e fraudulentos. A teoría do enriquecemento inxusto.

Tema 15. Elementos accidentais do negocio xurídico. A condición, o termo e o modo. Concepto, requisitos e efectos. A representación nos negocios xurídicos. Teoría xeral. Representación legal e voluntaria.

Tema 16. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva e a caducidade.

Tema 17. Dereitos reais: concepto e diferenzas co dereito de obriga. A tipicidade dos dereitos reais. Clasificación dos dereitos reais. Os dereitos reais na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 18. O dereito de propiedade. Extensión e contido: facultades integrantes do dominio pleno. As limitacións do dominio. A protección do dominio: exame especial da acción reivindicatoria.

Tema 19. Modos de adquirir o dominio: a teoría do título e o modo. Clasificacións dos modos de adquirir o dominio. A ocupación. A tradición: exame das súas clases.

Tema 20. A accesión: normas do Código civil. A usucapión. Clasificación, requisitos e efectos. A renuncia á usucapión.

Tema 21. Os modos de perder o dominio: teoría xeral. O abandono. A perda do dominio en virtude das adquisicións a non domino. A comunidade de bens: regras do Código civil e especial referencia ás comunidades especiais do dereito civil de Galicia.

Tema 22. A propiedade horizontal. A propiedade a tempo compartido. A propiedade intelectual; referencia ao contrato de edición.

Tema 23. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Efectos da posesión, durante o seu exercicio e ao cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión. A tutela da posesión.

Tema 24. O dereito real de servidume no Código civil. Concepto, fundamento e clases. Adquisición das servidumes. Contido: dereitos e obrigas dos propietarios dos predios dominante e servente. Modos de extinción da servidume. A regulación das servidumes no dereito civil de Galicia. Referencia ás servidumes legais do Código civil.

Tema 25. O usufruto: concepto. Modos de constitución e extinción. Contido: dereitos e obrigas. Referencia aos usufrutos especiais. O uso e a habitación.

Tema 26. Dereitos reais de garantía: formas de garantía real. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie. Referencia aos censos.

Tema 27. A obriga: o seu concepto. Clasificación, en particular, exame das obrigas solidarias e mancomunadas; de dar, facer e non facer. Obrigas puras, condicionais e a termo.

Tema 28. Causas de extinción das obrigas. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.

Tema 29. Incumprimento das obrigas; as súas causas: mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Os denominados medios indirectos: as accións subrogatoria e revogatoria.

Tema 30. A concorrencia e prelación dos créditos: principios xerais e normas aplicables.

Tema 31. O contrato: fundamento e función. Sistemas de contratación. Elementos dos contratos. Capacidade para contratar: incapacidades e prohibicións. Obxecto do contrato. A forma dos contratos.

Tema 32. A vida do contrato: preparación do contrato e a problemática da forza vinculante da oferta. A perfección e consumación do contrato. A sinatura electrónica. Revisión do contrato por alteración extraordinaria das circunstancias: cláusula rebus sic stantibus.

Tema 33. A interpretación dos contratos: regras do Código civil. Clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Os contratos de adhesión e as condicións xerais de contratación.

Tema 34. A ineficacia dos contratos. A nulidade: causas e efectos. A anulabilidade; a confirmación. A rescisión: causas e efectos.

Tema 35. O contrato de compravenda. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Prohibicións de contratar. A transmisión do dominio na compravenda. A venda de cousa allea.

Tema 36. Contido do contrato de compravenda. As obrigas do vendedor; a entrega: a teoría dos riscos. O saneamento. As obrigas do comprador: o pagamento do prezo.

Tema 37. Os retractos convencionais e legais. O retracto de graciosa. O contrato de permuta: a súa regulación no Código civil. A cesión: modalidades e efectos.

Tema 38. A doazón: concepto e natureza xurídica. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Efectos naturais e derivados de pactos especiais. Revogación e redución de doazóns.

Tema 39. O contrato de arrendamento. Clases e normas do Código civil en materia de arrendamentos de cousa. O arrendamento de obra ou empresa. O arrendamento de servizos.

Tema 40. O réxime de arrendamentos urbanos no Código civil e na lexislación especial. Arrendamentos para uso distinto de vivenda. Duración. Contido, en particular, a renda. Extinción.

Tema 41. Os arrendamentos rústicos: referencia á normativa estatal. A súa regulación na Lei de dereito civil de Galicia. A parzaría: concepto. Réxime xurídico e clases na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 42. O contrato de mandato. Natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de préstamo: as súas especies. O comodato. O precario. O mutuo.

Tema 43. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito ordinario. Depósito irregular e necesario. O secuestro. A transacción. Aspectos civís da arbitraxe.

Tema 44. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución. Contido. Extinción.

Tema 45. O contrato de fianza: a súa regulación no Código civil. Os contratos aleatorios: o contrato de alimentos; xogos e apostas; a renda vitalicia. O vitalicio: normativa autonómica.

Tema 46. Os case-contratos: o seu concepto e especies. Exame especial do cobro indebido e da xestión de negocios alleos sen mandato. Os deberes que nacen da culpa e neglixencia.

Tema 47. O matrimonio: os seus requisitos. Forma de celebración e inscrición. Efectos persoais: dereitos e deberes dos cónxuxes. Nulidade, separación, divorcio. Medidas provisionais. A mediación familiar.

Tema 48. O réxime económico matrimonial: clases. Capitulacións matrimoniais. Doazóns por razón de matrimonio. Réxime de participación. Réxime de separación.

Tema 49. A sociedade de gananciais: natureza e constitución. Bens privativos e gananciais. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.

Tema 50. Administración e disposición dos bens da sociedade de gananciais. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. A sociedade familiar galega.

Tema 51. A filiación. Concepto e clases. Determinación e proba. Accións de filiación: normas do Código civil. A patria potestade. Deberes e facultades. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. Extinción e prórroga.

Tema 52. A tutela. Delación e constitución. Incapacidade e escusas. Remoción. Exercicio da tutela: obrigas, atribucións e dereitos. Responsabilidade do titor. Extinción. A curatela. O defensor xudicial. A garda de feito.

Tema 53. A adopción no dereito común. Elementos persoais e formais. Extinción. Especialidades no dereito civil de Galicia.

Tema 54. A protección de menores no dereito civil de Galicia: o desamparo e a tutela administrativa. A garda administrativa. O acollemento: clases, constitución e cesamento. Situación de risco e medidas de protección. A obriga de alimentos entre parentes.

Tema 55. A sucesión mortis causa. Concepto da herdanza e do herdeiro. Aceptación e repudiación da herdanza. O beneficio de inventario e o dereito a deliberar. Situacións da herdanza: a herdanza xacente.

Tema 56. A sucesión por causa de morte; disposicións xerais na Lei de dereito civil de Galicia. A sucesión testada no Código civil: concepto, natureza e contido do testamento. Clases do testamento. Capacidade para testar. Formalidades xerais dos testamentos. Invalidez e ineficacia do testamento.

Tema 57. Testamento aberto: requisitos e formalidades. Testamento pechado: os seus requisitos. Testamento hológrafo. Clases de testamentos na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 58. A institución de herdeiro. Formas e modalidades da institución. As disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia. A substitución hereditaria. Fundamento e clases. A substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.

Tema 59. O problema da liberdade de testar: principais teorías. A lexítima no dereito civil de Galicia: a lexítima dos descendentes e dos ascendentes e a lexítima de cónxuxe viúvo. A regulación da lexítima no Código civil.

Tema 60. A mellora: concepto e fundamento. Persoas que poden mellorar e ser melloradas. Clases de mellora. Efectos: a súa revogabilidade. Gravames que poden imporse sobre a mellora. Promesa de mellorar e non mellorar. Delegación da facultade de mellorar. A desherdación e a preterición; regulación na Lei de dereito civil de Galicia e no dereito común.

Tema 61. O legado: concepto e clases. Regras do legado segundo as súas especies. Aceptación e renuncia. Orde de preferencia para o seu pagamento. Extinción. A testamentaría: o seu réxime xurídico.

Tema 62. A sucesión intestada: normas do dereito civil de Galicia e do Código civil. O dereito de representación e de acrecer. A sucesión do Estado e da Comunidade Autónoma galega.

Tema 63. A sucesión contractual. Teoría xeral. Os pactos sucesorios no dereito civil de Galicia: os pactos de mellora, a mellora de labrar e posuír, a apartación. O usufruto do cónxuxe viúvo.

Tema 64. Partición da herdanza. Teoría xeral. Regulación do Código civil: operacións que comprende. A colación. Efectos da partición entre herdeiros e para terceiras persoas. Impugnación e rescisión da partición.

Tema 65. A partición da herdanza no dereito civil de Galicia. A partición polo testador. A partición polo contador partidor. A partición polos herdeiros.

– Dereito hipotecario.

Tema 1. Dereito hipotecario e dereito inmobiliario. O Rexistro da Propiedade: os seus fins. Sistemas de ordenación xurídica da propiedade inmobiliaria. O asento rexistral. O asento de presentación. Clases de libros. Demarcación dos rexistros.

Tema 2. Principios fundamentais do dereito hipotecario. Principio de rogación. Principio de legalidade. Principio de tracto sucesivo. Principio de prioridade. Principio de especialidade. Principio de lexitimación.

Tema 3. A delimitación da materia inscritible: exame do artigo 2 da Lei hipotecaria e concordantes do seu regulamento. Concepto do título formal e material. O asento de inscrición; exame do artigo 9 da Lei hipotecaria.

Tema 4. Especial referencia ao principio da fe pública rexistral. Exame do terceiro na lexislación hipotecaria. Excepcións e suspensións da fe pública rexistral.

Tema 5. Anotacións preventivas: natureza e clases. Exame do artigo 42 da Lei hipotecaria. Efectos das anotacións preventivas. Extinción. As notas marxinais: natureza, clases e efectos.

Tema 6. O dereito real de hipoteca. Responsabilidade real e persoal na hipoteca. Cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria.

Tema 7. Clases de hipotecas. Hipotecas voluntarias e legais; en particular, as hipotecas legais: natureza e efectos. A hipoteca legal a favor das administracións públicas.

Tema 8. Os efectos da hipoteca. A acción real e persoal na execución hipotecaria. Os procedementos para a efectividade do crédito hipotecario. A execución común. A venda extraxudicial.

Tema 9. Particularidades da execución sobre bens hipotecados na Lei de axuizamento civil. Efectos respecto dos terceiros posuidores e demais titulares de dereitos reais.

Tema 10. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento da posesión. Constitución, contido e extinción. O rexistro de vendas a prazos de bens mobles.

Tema 11. Concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica. A rectificación dos erros nos asentos. O catastro inmobiliario: concepto, réxime xurídico e relacións co Rexistro da Propiedade.

– Dereito mercantil.

Tema 1. O contido do dereito mercantil: sistemas. Fontes do dereito mercantil; o Código de comercio. Os usos do comercio. Os actos de comercio: sistema español. Os actos mixtos e os actos de comercio por analoxía.

Tema 2. Concepto doutrinal e legal do comerciante. O comerciante individual. Condicións de capacidade; especial referencia ao réxime de responsabilidade do comerciante casado. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. O Rexistro Mercantil. Organización e principios. Contabilidade mercantil: normas.

Tema 3. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social: a súa determinación e efectos. Constitución. A sociedade irregular. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria: simple e por accións.

Tema 4. As sociedades de capital: natureza e réxime xurídico. Constitución: escritura pública e inscrición.

Tema 5. O capital social. Achegas. A condición de socio. Participacións sociais e accións. Representación e transmisión. Emisión de obrigas.

Tema 6. A xunta xeral: convocatoria, competencia, asistencia, réxime de adopción de acordos. A acta. Réxime de impugnación de acordos sociais.

Tema 7. A administración da sociedade. Os administradores: requisitos, deberes e retribución. A representación da sociedade. O réxime de responsabilidade dos administradores. O consello de administración.

Tema 8. A modificación dos estatutos. A exclusión e separación dos socios. Disolución e liquidación.

Tema 9. Réxime xurídico da transformación, fusión e escisión de sociedades mercantís. A sociedade anónima europea.

Tema 10. As sociedades profesionais. A sociedade laboral. A sociedade cooperativa; especial referencia á Lei de cooperativas de Galicia. A sociedade de garantía recíproca.

Tema 11. A propiedade industrial; patentes e marcas: concepto e réxime xeral de adquisición, transmisión e protección. O dereito da competencia: defensa da competencia e competencia desleal. Órganos competentes.

Tema 12. Teoría xeral dos títulos valores: clases. A letra de cambio: concepto, emisión, forma e transmisión. Réxime das accións cambiarias. Referencia ao cheque.

Tema 13. A obriga e o contrato mercantil: normas xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil.

Tema 14. A comisión mercantil. O depósito mercantil. O préstamo mercantil. Operacións bancarias. O contrato de contas en participación.

Tema 15. O leasing. O contrato de axencia. O factoring. A franquía. O contrato de transporte terrestre.

Tema 16. O contrato de seguro. Obrigas e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.

Tema 17. O dereito marítimo: as súas fontes. O navieiro: especialidades do seu réxime de responsabilidade; normativa internacional. O contrato de fletamento. O seguro marítimo. Accidentes e avarías marítimas.

– Dereito procesual.

Tema 1. A tutela xurisdicional dos dereitos. O dereito á tutela xudicial efectiva: o artigo 24 da Constitución. Os principios constitucionais do proceso.

Tema 2. O proceso (I). Concepto. Clases. Os suxeitos do proceso: as partes. A pluralidade de partes e as súas especialidades nas distintas xurisdicións. A acción popular.

Tema 3. O proceso (II). O obxecto do proceso: acción e pretensión. Fases do proceso: iniciativa, desenvolvemento e terminación. Os efectos do proceso: cousa xulgada material e formal.

Tema 4. A orde xurisdicional civil. Concepto e ámbito da xurisdición. Os órganos xurisdicionais individuais e colexiados: a súa competencia. Foros xerais e foros especiais.

Tema 5. O proceso civil (I). Caracteres xerais do procedemento civil. O proceso civil ordinario. Os procesos sumarios. Os procesos de execución. Os procesos especiais.

Tema 6. O proceso civil (II). Os recursos en materia civil. O recurso de apelación. O recurso de casación. O recurso de revisión.

Tema 7. A orde xurisdicional penal. Concepto e ámbito xurisdicional. Os órganos xurisdicionais individuais e colexiados: a súa competencia.

Tema 8. O proceso penal (I). Caracteres xerais do procedemento penal. Os distintos procedementos.

Tema 9. O proceso penal (II). Os recursos en materia penal. O recurso de apelación. O recurso de casación. O recurso de revisión.

Tema 10. A orde xurisdicional contencioso-administrativo. Orixe e evolución histórica: sistemas comparados. Caracteres xerais da xurisdición contencioso-administrativa en España. Extensión e límites. A organización da xurisdición: órganos e competencia.

Tema 11. O proceso contencioso-administrativo (I). As partes: capacidade, lexitimación, representación e defensa das partes. O obxecto do proceso: actos e disposicións impugnables; a vía de feito; pretensións das partes; acumulación.

Tema 12. O proceso contencioso-administrativo (II). A iniciación do procedemento: interposición; admisión; emprazamento; a remisión do expediente. O desenvolvemento do procedemento: demanda; alegacións previas; contestación; proba; vista ou conclusións; outros trámites. A finalización do procedemento: a sentenza, contido e eficacia; outras formas de terminación.

Tema 13. O proceso contencioso-administrativo (III). A execución de sentenzas: réxime xurídico. Os procedementos impugnatorios: recursos contra providencias, autos e sentenzas.

Tema 14. O proceso contencioso-administrativo (IV). O procedemento abreviado. O procedemento contencioso-electoral.

Tema 15. O proceso contencioso-administrativo (V). Os procedementos especiais. Protección de dereitos fundamentais. Cuestión de ilegalidade. Suspensión administrativa previa de acordos. Procedementos para a garantía da unidade de mercado e para a declaración xudicial de extinción de partidos políticos.

Tema 16. A orde xurisdicional laboral. Concepto e ámbito xurisdicional. Os órganos xurisdicionais individuais e colexiados: a súa competencia.

Tema 17. O proceso laboral (I). As partes e o obxecto do proceso. A evitación do proceso. O proceso ordinario: actos preparatorios e medidas precautorias; iniciación; desenvolvemento e terminación.

Tema 18. O proceso laboral (II). Os procesos especiais. O sistema de recursos.

– Dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social.

Tema 1. A regulación do traballo na historia. A formación histórica do dereito do traballo. Constitucionalización e internacionalización das normas laborais.

Tema 2. As fontes específicas do ordenamento laboral. Caracteres xerais do ordenamento laboral. Os convenios colectivos: concepto, orixe, natureza e clases. Réxime xurídico dos convenios colectivos.

Tema 3. A relación laboral individual. A relación xurídica laboral: alleidade e dependencia. As relacións especiais de traballo.

Tema 4. O contrato de traballo (I). Concepto, caracteres, natureza e clases. Consentimento, obxecto, causa e forma.

Tema 5. O contrato de traballo (II). As partes do contrato. O traballador. O empresario. A capacidade para contratar.

Tema 6. O contrato de traballo (III). O contido do contrato. As prestacións do traballador. A xornada laboral. As prestacións do empresario. O salario.

Tema 7. O contrato de traballo (IV). A novación do contrato: os diversos supostos de modificación. A suspensión do contrato. A extinción do contrato e as súas causas. O despedimento.

Tema 8. As relacións colectivas laborais (I). Os sindicatos: evolución histórica. Función constitucional e regulación legal en España. As asociacións empresariais.

Tema 9. As relacións colectivas laborais (II). A participación dos traballadores na empresa. Órganos de representación. Dereito de reunión.

Tema 10. As relacións colectivas laborais (III). Os conflitos colectivos: clases. A folga. O peche patronal. Os sistemas de solución dos conflitos.

Tema 11. A Seguridade Social (I). Formación histórica e caracteres xerais do sistema español. O réxime xeral: afiliación, cotización e recadación. Os réximes especiais. A xestión da Seguridade Social.

Tema 12. A Seguridade Social (II). A acción protectora: continxencias cubertas. As prestacións. Servizos e prestacións, en particular: asistencia sanitaria, incapacidade laboral temporal e permanente, xubilación, desemprego, morte e supervivencia, cargas familiares, servizos sociais.

ANEXO II

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESOS SELECTIVOS

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

NOME DA VÍA

NÚM.

PISO

PORTA

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

LOCALIDADE

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

Medio de notificación preferente

□ Electrónica a través do enderezo da internet https://sede.parlamentodegalicia.gal. Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico asociado ao DNI da persoa indicada

□ Postal (cubrir o enderezo só se é distinto do indicado anteriormente)

NOME DA VÍA

NÚM.

PISO

PORTA

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

LOCALIDADE

OBXECTO DA SOLICITUDE:

Participación na convocatoria dun PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO VOLUNTARIO (indique o idioma comunitario da súa elección):

DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA:

□ Fotocopia do DNI

□ Certificación acreditativa do coñecemento da lingua galega no nivel exixido

□ Xustificante de ter aboados os dereitos de exame

□ Acreditación do grao de discapacidade superior ao 33 % polo que solicita as adaptacións indicadas en observacións

□ Declaracións segundo os modelos anexos que figuran nas bases

□ Outros

OBSERVACIÓNS:

□ A persoa solicitante (ou representante) declara que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos

ANEXO III

Declaración responsable

(Nome e apelidos)..........................................…………...........con DNI ………....................

DECLARO RESPONSABLEMENTE:

Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin me atopo na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial (cando se trate de acceder ao corpo de persoal funcionario do cal a persoa sexa separada ou inhabilitada), nin pertenzo ao mesmo corpo das prazas convocadas.

Asino esta declaración para os efectos de participar no proceso selectivo para ingresar por quenda libre nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, ...... de .......................... de 2021

(Asina)