Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de xullo de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 14 de xullo de 2021

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Restaurante Italian Job

Manual Joaquín de Jesús Fernández

Santo Domingo, 35

Ourense

Restaurante Xacobeo 2.0

Salvatore Campisi

Vista Hermosa, 1b

Ourense

Restaurante Mesón A Mina

Eva López Viso

Avenida Bos Aires, 92

Ourense

Restaurante Todo Paellas y Arroces

Rafael Marín Nogueira

Concejo, 6

Ourense

Restaurante A Garduñeira

Jesús Iglesias Álvarez

Estrada Nacional 120, Santa Cruz de Arrabaldo

Ourense

Cafetería Bens and Jerry’s

José Babarro Iglesias

Centro Comercial Ponte Vella

Ourense

Restaurante Casa Lolo

Mary del Carmen Infante

Sobreiral, 15, Untes

Ourense

Restaurante El Trebol

Isabel Lois Vázquez

Xeneral Franco, 15

Bande