Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39090

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo dunha praza incluída na oferta de emprego público 2021 (oficial electricista).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 122, do 29 de xuño de 2021, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, oficial electricista, integrada no grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 14 de xullo de 2021

José C. López Campos
Alcalde