O Pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xullo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela EQ-2 do parque empresarial da Sionlla, formulado de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, segundo o documento elaborado polos servizos técnicos de Planeamento en xullo de 2021.
O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e deberá tamén publicarse no Boletín Oficial da provincia a normativa resultante.
Así mesmo, remitiráselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021
O alcalde
P.D. (Decreto 4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica