Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de delimitación do núcleo rural de Manxar.

Este concello, na sesión ordinaria do 4 de xuño de 2021, acordou a aprobación inicial do proxecto de delimitación de solo do núcleo rural de Manxar (Samos).

De conformidade co disposto no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública durante o prazo de dous meses.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (enderezo https://concellosamos.sedelectronica.gal).

Samos, 1 de xullo de 2021

Julio Gallego Mour
Alcalde