Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39092

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de nomeamento para cubrir un posto de oficial da Policía local, pola quenda de mobilidade horizontal.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 8 de xullo de 2021 aprobouse o seguinte:

Nomear, nas condicións indicadas na convocatoria do citado proceso selectivo, como oficial da Policía local do cadro de persoal deste concello o seguinte aspirante, conforme a proposta feita o 16.6.2021 polo tribunal cualificador:

Tejero Gómez, José Esteban (DNI número ***1854**).

Emprazar o aspirante nomeado para que tome posesión no prazo máximo dun mes desde a publicación do anuncio de nomeamento no BOE, dando así cumprimento ao establecido na base novena das bases da convocatoria aprobadas mediante a Resolución do 17 de xaneiro de 2021, publicada no BOPP número 16, do 26 de xaneiro, rectificadas mediante a Resolución da Alcaldía do 27 de xaneiro de 2021 e finalmente publicadas no BOE número 76, do 30 de marzo.

Este anuncio publicarase no taboleiro electrónico do Concello de Nigrán, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPP), no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Nigrán, 9 de xullo de 2021

Juan A. González Pérez
Alcalde