Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39179

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que nomean como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 e as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 146, do 2 de agosto de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 38896, no primeiro parágrafo, onde di:

«Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 9 de marzo)…».

Debe dicir:

«Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro), e pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo)…».