Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39440

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as entidades beneficiarias das subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

As subvencións destínanse á restauración dos ecosistemas naturais, á posta en valor da riqueza natural e paisaxística das zonas rurais e á conservación do patrimonio inmaterial, inventarios, estudos, campañas de concienciación sobre o ambiente e actividades de información e sensibilización para a conservación do patrimonio natural dentro das reservas da biosfera.

Inclúense axudas destinadas a estudos/investimentos vinculados ao mantemento, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica no territorio das reservas da biosfera que responden aos criterios ou actuacións tipificados no artigo 5 da Orde do 19 de xaneiro de 2021, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541B.760.0.

As contías e as entidades beneficiarias relaciónanse no anexo I desta resolución.

Os importes foron aprobados pola Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do día 21 de xullo de 2021.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Relación de concellos beneficiarios ao abeiro da liña
orzamentaria 07.03.541B.760.0

Expediente

Entidade beneficiaria

NIFda entidade beneficiaria

Nome da actuación

Total puntuación

Importe elixible (€)

MT724A/32/2021/500002/C

Concello de Calvos de Randín

P3201700F

Restauración de ecosistemas naturais, así como eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica. Arrendamento con opción de compra de nova maquinaria

115

23.114,62

MT724A/32/2021/500003/C

Concello de Entrimo

P3203100G

Creación dun Centro de Interpretación da Natureza na Pereira

115

29.998,65

MT724A/32/2021/500005/C

Concello de Lobios

P3204300B

Mellora de sendas peonís do concello de Lobios

115

29.999,62

MT724A/27/2021/200014/C

Concello de Negueira de Muñiz

P2703500E

Rehabilitación de muíño de roda horizontal na Seira

110

28.930,94

MT724A/32/2021/500004/C

Concello de Lobeira

P3204200D

Mellora da senda peonil Leboreiro-Cabreira, na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês

105

30.000,00

MT724A/27/2021/400021/C

Concello de Castroverde

P2701100F

Mellora da diversidade florística na Veiga do Olmo

105

20.288,73

MT724A/32/2021/600002/C

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

Proxecto para a corrección do impacto visual nos núcleos tradicionais incluídos na ruta de Parada e mellora dos elementos patrimoniais comunais asociados

105

24.690,50

MT724A/27/2021/200031/C

Concello da Fonsagrada

P2701800A

Acondicionamento e mellora dos sendeiros da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón

100

17.560,35

MT724A/32/20221600003/C

Concello de Rairiz de Veiga

P3206800I

Reparación e mellora de sendeiros e divulgación

100

11.463,16

MT724A/27/2021/200013/C

Concello de Ribadeo

P2705100B

Mellora ambiental das praias do concello de Ribadeo

95

4.447,51

MT724A/27/2021/400012/C

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

Actuacións de mellora na ruta Miradoiro da Terra Chá

95

28.333,33

MT724A/27/2021/300017/C

Concello de Navia de Suarna

P2703400H

Realización e colocación de paneis informativos para o concello de Navia de Suarna

90

27.089,03

MT724A/27/2021/300020/C

Concello de Becerreá

P2700600F

Acondicionamento e mellora de rutas de sendeirismo no concello de Becerreá

85

28.789,45

MT724A/27/2021/400025/C

Concello de Alfoz

P2700200E

Mellora e adecuación da casa-escola do Pereiro como centro de interpretación da natureza

85

25.665,00

MT724A/27/2021/400032/C

Concello de Cospeito

P2701500G

Mellora do centro de interpretación da lagoa de Cospeito

85

12.484,96

MT724A/27/2021/400015/C

Concello de Ribeira de Piquín

P2705300H

Realización dun inventario do patrimonio inmaterial de transmisión oral con especial fincapé nos valores tradicionais

80

12.000,00

MT724A/27/2021/200016/C

Concello de Trabada

P2706100A

Realización dun estudo sobre o seguimento e estado de conservación das especies de flora e fauna

80

14.950,00

MT724A/27/2021/400033/C

Concello de Guntín

P2702300A

Acondicionamento da ruta do Miño en Guntín

80

26.734,56

MT724A/27/2021/400035/C

Concello do Páramo

P2704300I

Ruta da torre medieval da Barreira no Páramo

80

12.320,84

MT724A/32/2021/600001/C

Concello de Allariz

P3200200H

Recuperación e restauración do patrimonio natural Monte O Xardín

80

30.000,00

MT724A/15/2021/100002/C

Concello de Cambre

P1501700G

Campaña de conservación da fauna e flora do concello de Cambre

80

19.032,00

MT724A/15/2021/100003/C

Concello de Paderne

P1506500F

Creación e mellora da senda peonil da ribeira de Paderne e erradicación de especies invasoras

80

14.956,36

MT724A/15/2021/100010/C

Concello de Coirós

P1502700F

Mellora da ruta Ríos dos dous nomes (PRG-35) e a súa contorna

80

29.103,89

MT724A/15/2021/100009/C

Concello de Curtis

P1503200F

Campaña de concienciación e boas prácticas ambientais Curtis-Teixeiro 2021

75

9.730,00

MT724A/32/2021/500001/C

Concello de Bande

P3200700G

Adecuación senda peonil As Ferrerías

75

29.999,99

MT724A/32/2021/500006/C

Concello de Muíños

P3205200C

Mellora da pasarela do Corgo

75

29.999,99

MT724A/15/2021/100006/C

Concello de Miño

P1504900J

Fraga do Xarío, fase III: mellora das condicións ecolóxicas, ambientais e paisaxísticas e recuperación de senda abandonada na contorna do río Xarío

75

25.386,40

597.069,88