Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39443

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de xullo de 2021 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do CPR Fundación Laboral de la Construcción, de Lugo.

A titularidade do centro privado (CPR) Fundación Laboral de la Construcción, de Lugo, solicita a autorización para impartir o ciclo de formación profesional básica (FPB) Reforma e Mantemento de Edificios, o ciclo formativo de grao medio (CM) Construción e o CM Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

– Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:

• Denominación xenérica: centro privado (CPR).

• Denominación específica: Fundación Laboral de la Construcción.

• Código do centro: 27021001.

• Domicilio: San Xoán do Alto, s/n.

• Localidade: Lugo.

• Concello: Lugo.

• Código postal: 27232.

• Provincia: Lugo.

• Titular: Fundación Laboral de la Construcción.

– Ensinanzas que se autorizan:

• FPB Reforma e Mantemento de Edificios (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Construción (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade