Antecedentes:
1. Que, segundo consta nos expedientes municipais, se procedeu á notificación ou á publicación no BOE e no DOG ás persoas responsables das parcelas referenciadas no punto segundo que non cumprían coas obrigas de xestión de biomasa e que se lles concedeu un prazo máximo de quince (15) días naturais para o seu cumprimento voluntario.
2. Que, segundo as actas de revisión expedidas polo persoal encargado da constatación do cumprimento ou incumprimento das obrigas de xestión, na data recollida a continuación se pon de manifesto o incumprimento, transcorrido o dito prazo, das obrigas de xestión de biomasa e/ou das obrigas de retirada de especies arbóreas nas seguintes parcelas:
Parroquia |
Núcleo |
Ref. catastral |
Liquidación provisional dos traballos de xestión biomasa |
Persoa responsable |
Data constatación incumprimento |
Elviña (San Vicenzo) |
Aguaceiros |
000701200NH49F |
164,89 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A00600634 |
126,63 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Lagar, O |
15900A00700160 |
371,26 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Feáns |
15900A00700461 |
896,63 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A00700719 |
16,69 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A00700720 |
16,33 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Monte das Arcas |
15900A00800092 |
181,40 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000030 |
103,69 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000044 |
664,76 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000054 |
156,77 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000055 |
331,71 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Feáns |
15900A01000196 |
9,80 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Feáns |
15900A01000199 |
154,03 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Vío, O |
15900A01000450 |
4.270,19 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Souto, O |
15900A01000510 |
1.775,86 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Souto, O |
15900A01000621 |
680,26 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Feáns |
6168714NH4966N |
148,35 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Feáns |
6168725NH4966N |
2.367,70 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
San Cristovo das Viñas (San Cristovo) |
Someso |
7588808NH4978N |
857,41 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Lagar, O |
7778648NH4977N |
254,39 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
A Zapateira |
15900A00800218 |
1.442,90 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A00900089 |
2.031,52 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A00900222 |
806,84 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000387 |
359,34 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000411 |
354,60 |
Titulares non localizables |
7.7.2021 |
Elviña (San Vicenzo) |
Mesoiro |
15900A01000670 |
7.510,99 |
Descoñecida |
7.7.2021 |
3. Que, segundo o punto décimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, «cando se constate a persistencia no incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución logo do transcurso do prazo máximo para o cumprimento voluntario outorgado na pertinente comunicación ou requirimento, o órgano que enviou este procederá do modo seguinte:
a) Iniciará as actuacións para o cobramento da cantidade liquidada provisionalmente.
b) Ordenará a execución subsidiaria, contra a cal non se admitirán recursos en vía administrativa.
c) Pedirá simultaneamente ao órgano competente que inicie o correspondente procedemento sancionador. A petición incluirá expresamente a solicitude de que se adopte como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso».
4. Ao estar a actuación sobre estas parcelas aprobado pola Comisión de seguimento do convenio de colaboración subscrito entre Xunta de Galicia, Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, o custo destas actuacións será asumido polo convenio, ata que este poida ser repercutido ás persoas responsables de xestión.
5. Así mesmo, segundo o disposto no artigo 22.6, a execución subsidiaria da xestión da biomasa non requirirá de ningunha autorización e as persoas responsables están obrigadas a facilitar os accesos necesarios.
6. É competente para resolver a concelleira delegada de Medio Ambiente, por Decreto de delegación de competencias da Alcaldía Presidencia, do 26 de xuño de 2019, publicado no BOP núm. 124, do 3 de xullo.
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a execución subsidiaria da realización dos traballos de xestión da biomasa para a prevención e defensa contra os incendios forestais nas parcelas descritas no antecedente primeiro. Así mesmo, procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
A execución subsidiaria levarase a cabo, a partir das 9.00 horas do día 26 de xullo de 2021, o persoal designado pola Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.
Segundo. Aprobar a liquidación provisional dos gastos derivados da execución subsidiaria que, a reserva da súa liquidación definitiva unha vez realizadas as actuacións, deberá aboar a persoa responsable.
Terceiro. Dar traslado ao órgano competente para incoar o procedemento sancionador, consonte o establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, para que se incoe o dito procedemento e se adopte a medida cautelar de comiso das especies arbóreas prohibidas.
Cuarto. O texto íntegro desta resolución estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello actuante.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses de acordo co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados, en ambos os casos, desde o día seguinte ao de notificación desta resolución.
A Coruña, 15 de xullo de 2021
A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26 de xuño de 2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Mª Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente