Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza de técnico/a de contratación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 131, do 14 de xullo de 2021, publicouse o anuncio relativo ás bases e á convocatoria que rexerán o seguinte procedemento de selección:

Persoal: funcionario. Grupo: A, subgrupo A2, escala de Administración xeral, subescala de xestión. Denominación: técnico/a de contratación. Nivel 22. Vacantes: 1. Forma de provisión: oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello, sen prexuízo da posibilidade de que sexan obxecto de publicación na web do Concello de Oroso para os efectos de lograr unha maior difusión.

Oroso, 14 de xullo de 2021

Luis Rey Villaverde
Alcalde