Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se anuncia o expediente de contratación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través desta axencia, para a selección de socio/s estratéxico/s con que formalizar acordo/s de asociación para o desenvolvemento comercial da Civil UAVs Initiative para a utilización de UAV na mellora dos servizos públicos.

1. Entidade adxudicadora e datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: rúa Airas Nunes, s/n, Conxo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfonos: +34 981 95 70 14 e 981 95 70 42.

5º. A información relativa ao expediente estará dispoñible para os licitadores a través da seguinte páxina web: http://gain.xunta.gal www.civiluavsinitiative.com

6º. Para a realización de calquera outra consulta e/ou obtención de información poderá acceder o perfil do contratante http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante e á plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.gal

7º. Todas as consultas, cuestións ou informacións complementarias relacionadas co expediente que sexan demandadas polos candidatos realizaranse á Área de Programas de GAIN por escrito á seguinte caixa de correo electrónico: programas.gain@xunta.gal

8º. Para a resolución de incidentes e de asistencia técnica relativas á presentación na plataforma Silex: https://www.xunta.gal/eservizos/soporte-tecnico/asistente-en-lina

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública precomercial de servizos de I+D.

b) Descrición: o contrato ten como finalidade a formalización dun acordo de asociación cun ou varios operadores económicos para o desenvolvemento precomercial de plataformas, instrumentación, sistemas e aplicacións de vehículos aéreos non tripulados capaces de lles dar resposta ás necesidades e retos de xestión de servizos públicos mostradas polos usuarios. A asociación terá por obxecto a posta en común de medios e recursos na forma que se estableza no Acordo de asociación para o desenvolvemento precomercial de solucións, produtos e servizos innovadores en materia de sistemas non tripulados que non están dispoñibles no mercado, todo iso con vistas aos retos tecnolóxicos enumerados no documento regulador. O proceso de selección de socio/s estratéxico/s recolle as seguintes etapas: 1) Publicación da convocatoria para a selección de socio/s estratéxico/s en diarios oficiais (DOUE e DOG) e na plataforma de contratos públicos de Galicia (https://www.contratosdegalicia.gal/portada.jsp); 2) Selección dun máximo de 10 candidatos para participar na fase de diálogo, tras a cualificación das súas solicitudes de participación e da documentación administrativa. A invitación para participar no procedemento competitivo de diálogo realizarase aos candidatos que obtiveron as mellores puntuacións, logo de aplicar os criterios de selección; 3) Presentación das propostas de solución iniciais por parte de cada un dos licitadores invitados, en que se incluirá o seguinte: o enfoque estratéxico, a proposta de Programa conxunto de I+D, a proposta para maximizar o impacto socioeconómico, o modelo financeiro proposto, e a achega dos medios e recursos necesarios para dar comezo á execución do programa; 4) Diálogo cos candidatos, o órgano de contratación desenvolverao cos candidatos seleccionados co fin da avaliación das propostas que se presenten; 5) Presentación e exame da oferta final, a cal deberá incluír todos os elementos requiridos e necesarios para a realización do proxecto; 6) Avaliación das propostas iniciais e finais segundo unha matriz de valoración value for money, a cal prevé os seguintes aspectos: a) enfoque estratéxico, b) programa conxunto de I+D, e c) impacto socioeconómico; 7) Peche financeiro individual; 8) Adxudicación do/dos acordo/s, e 9) Formalización do/dos acordo/s de asociación para o desenvolvemento precomercial.

c) División por lotes: non.

d) CPV principal (referencia de nomenclatura): 73000000-2 (servizos de investigación e desenvolvemento e servizos de consultaría conexos).

e) CPV adicionais: 73100000-3 (servizo de investigación e desenvolvemento experimental), 73110000-6 (servizos de investigación), 73111000-3 (servizos de laboratorio de investigación), 73112000-0 (servizos de investigación mariña), 73120000-9 (servizos de desenvolvemento experimental), 73300000-5 (deseño e execución en materia de investigación e desenvolvemento), 73420000-2 (estudo de previabilidade e demostración tecnolóxica), 73430000-5 (ensaio e avaliación), 60520000-9 (servizos de carga útil experimental) e 64225000-9 (servizos de telecomunicacións aire-terra).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo.

c) Criterios de adxudicación:

Matriz de valoración: value for money

ENFOQUE ESTRATÉXICO

9

Aliñamento do enfoque estratéxico da compañía cos obxectivos da iniciativa

2

Contribución potencial da Iniciativa á comercialización dun produto ou gama de produtos competitivos

2

Aliñamento entre a estratexia de financiamento dos investimentos da compañía e o Programa conxunto de I+D

5

PROGRAMA DE CONXUNTO DE I+D+i

75

– MEDIOS E RECURSOS ACHEGADOS POLO LICITADOR PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA

20

Adecuación das instalacións e infraestruturas previstas achegadas ao Programa de I+D+i

5

Adecuación dos recursos humanos achegados ao Programa de I+D+i.

5

Adecuación dos activos e tecnoloxías achegadas ao Programa de I+D+i

5

Compromisos de contribucións financeiras ou de reinvestimento

5

– CONTIDO PARA O PROGRAMA DE I+D+i

55

Adecuación dos obxectivos funcionais ás necesidades da Administración autonómica e aos retos do anexo 1

5

Interese das liñas de investigación, os obxectivos cientificotécnicos e os proxectos para a Administración autonómica

3

Adecuación entre a situación de partida e os obxectivos que se acadarán durante o período de duración do contrato nas liñas de investigación e os proxectos

2

Valor estratéxico dos resultados esperados (proximidade ao mercado, mercado potencial, sinerxías futuras co desenvolvemento industrial)

5

Correspondencia entre os efectos esperados do programa e os efectos desexados pola Administración autonómica

5

Impacto dos resultados e servizos desenvolvidos sobre a calidade e a eficiencia dos servizos públicos da Administración autonómica

5

Detalle e lóxica da planificación e adecuación desta cos obxectivos a alcanzar polo programa

2

Participación de empresas e centros de investigación na área de influencia do polo

5

Proposta de transferencia final de resultados e produtos e xestión dos DPI xerados no marco do contrato

5

Compromisos de investimentos industriais vinculados ao acordo de asociación

5

Compromisos para o desenvolvemento de cadeas industriais na área de influencia

5

Capacidade de atracción de investimentos complementarios

2

Creación de sinerxías con outros sectores produtivos

2

Creación de sinerxías co sector do coñecemento

2

Retornos indirectos a medio e longo prazo

2

IMPACTO SOCIOECONÓMICO

16

Desenvolvemento das pemes da área de influencia do polo

5

Desenvolvemento de empresas de nova creación ou start ups

2

Estimación do número de empregos directos e indirectos creados polo programa

5

Proposta de divulgación e difusión da ciencia e a tecnoloxía

2

Outras propostas destinadas a maximizar o impacto socioeconómico

2

4. Valor estimado do contrato: 33.057.851,24 €.

5. Orzamento da licitación: 40.000.000,00 de €.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 06.A2.561A.640.0, do orzamento de gasto da Axencia Galega de Innovación para as anualidades 2021 a 2026.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 3 % da contribución económica da Administración autonómica. A constitución desta garantía realizarase na forma e por calquera dos medios previstos pola LCSP para os contratos do sector público.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima: un volume de negocios no ámbito aeroespacial, incluídos tanto os servizos de investigación e desenvolvemento como as subministracións e prestacións de servizos, en especial as relacionadas cos servizos públicos os que se refire o documento regulador, por importe igual ou superior anual de 50 millóns de euros en cada un dos tres últimos exercicios.

c) Relación dos principais servizos e traballos para terceiros ou proxectos de I+D+i internos, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e no caso de servizos ou traballos, destinatario, público ou privado, destes, realizados nos ámbitos que se indican na cláusula c.2.b) do documento regulador. Establécese como requisito mínimo de solvencia para poder participar na fase de diálogo o seguinte: deberá presentarse polo menos un servizo para terceiro ou proxecto de I+D+i interno, realizado nos últimos cinco anos.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data límite: 10.9.2021 ás 23.59 horas, a data de inicio de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Requisitos: os sinalados nas cláusulas D.3 e D.4 do documento regulador para a selección de socio/s estratéxico/s do acordo de asociación para o desenvolvemento precomercial, parte II.

c) Lugar de presentación: a solicitude de participación e documentación que a acompaña deberá ser presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). A súa utilización permite a presentación de ofertas. O Silex está regulado pola Orde do 28 de xullo de 2010 e pode accederse a través da seguinte ligazón:

www.conselleriadefacenda.es/silex

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación