Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39654

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2021, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro (código de procedemento CO400B).

Mediante a Resolución do 30 de xuño de 2021, da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, procédese á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro.

No anexo I da dita resolución establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro.

Tal como se establece no artigo 1.2 das ditas bases, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 10 das bases dispón que as axudas se concederán en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito. O órgano xestor publicará no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o esgotamento da partida orzamentaria e non admitirá as posteriores solicitudes destinadas á subvención, salvo que se produza un incremento de crédito.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas, previstas na Resolución do 30 de xuño de 2021, da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se procede á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na devandita Resolución do 30 de xuño de 2021 quedou esgotado con data do 26 de xullo de 2021 coa solicitude presentada ás 19.00 horas.

Segundo. Ordenar a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia