Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO do 6 de xullo de 2021 polo que se dá publicidade da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de once prazas de persoal laboral fixo de operarios de obras/servizos/mantemento.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 36, do 24 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases xerais de convocatoria pola cobertura en propiedade de diversas prazas vacantes de persoal laboral e persoal funcionario do Concello de Arteixo, correspondentes á execución da OEP 2017 pendente, OEP 2019 e OEP 2020.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 124, do 5 de xullo de 2021, publicáronse integramente as bases específicas que deberán rexer a convocatoria, para cobertura en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de once prazas de operarias/os obras/servicios/mantemento, persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2017.

As instancias solicitando tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 6 de xullo de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente