Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40142

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de equipamento sociocultural no concello de Marín, zona portuaria (expediente 2020 UR420-001).

En cumprimento do disposto no artigo 82.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da lei anterior, infórmase de que o Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 8 de xullo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de equipamento sociocultural no concello de Marín, zona portuaria (expediente 2020 UR420-001), redactado por Naos04 Arquitectos, S.L.P. e achegado en novembro de 2020.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no prazo dun mes no DOG e remitir certificación do acordo plenario de aprobación definitiva do estudo de detalle, así como un exemplar deste en soporte dixital, debidamente dilixenciado pola Secretaría municipal, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto nos artigos 82.4 e 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do Regulamento da citada lei, e segundo o disposto na Orde de 10 de marzo de 2017 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, para os efectos da entrada en vigor do documento aprobado.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado poderase consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Marín.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Marín, 21 de xullo de 2021

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta