Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40542

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1).

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020 (publicada no DOG núm. 249, do 11 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1)

Tribunal titular

Presidencia: José Ángel Viñuela Rodríguez, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

Secretaría: Dámaso Pérez Vale, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Juan Carlos Ferreras Pertejo, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

– Paula Oliete Trillo, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Isaac Gómez Piñeiro, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

Tribunal suplente

Presidencia: Bernardo Nores Blanco, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

Secretaría: María Eugenia de Pascual Grasa, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Elvira María Casal García, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Juan Carlos Barreiro González, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

– Pedro Felipe Pedrouzo Devesa, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.