De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
No prazo de 10 días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica.
Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.
Ourense, 2 de agosto de 2021
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Persoa interesada |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
00472582R |
Modificación acordo |
A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense) |
76702740V |
Modificación acordo |
A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense) |
34997391Q |
Modificación acordo |
A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense) |
34956523L |
Modificación acordo |
A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense) |