De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0730/2020-PPM e sete máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.
A Coruña, 2 de agosto de 2021
Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-0730/2020-PPM |
52935271N |
Resolución |
Breiro, bloque 13, 2º A, Boiro |
PSC-CO-0766/2020-PPM |
76970258E |
Resolución |
Vista Alegre, 260, Escarabote, Boiro |
PSC-CO-0773/2020-PPM |
76967096B |
Resolución |
Vilariño, 112, Cespón, Boiro |
PSC-CO-0774/2020-PPM |
X5643292N |
Resolución |
Breiro, 13, 1º C, Boiro |
PSC-CO-0779/2020-PPM |
52933399A |
Resolución |
Avda. Barraña, 34, 5º A, Boiro |
PSC-CO-0790/2020-PPM |
52454932M |
Resolución |
Costadal, 14, Escarabote, Boiro |
PSC-CO-0793/2020-PPM |
33235331D |
Resolución |
Pablo Iglesias, 13, 1º B, Boiro |
PSC-CO-0796/2020-PPM |
76967467Z |
Resolución |
Pazos, 6, Cespón, Boiro |