– Obxecto: prestar apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A); das axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B); e das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Este encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia. Desde o 26 de maio de 2021 ata o 31 de xullo do 2022. Este prazo poderá ser prorrogado por acordo expreso das partes ata a finalización dos traballos.
– Orzamento: 109.349,16 euros.
– Financiamento. Este encargo tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 06.A4.741A.640.0 e código de proxecto 2018 00002 do orzamento de gastos da Axencia Galega da Industria Forestal para os exercicios 2021 e 2022.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021
José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal