Antecedentes:
1. Mediante a Orde do 26 de maio de 2021 (DOG núm. 110, do 11 de xuño) establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvención para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.
3. Rematado o prazo de emenda, a comisión de valoración, como órgano colexiado encargado de informar e valorar as solicitudes emitiu a proposta de resolución de acordo cos criterios establecidos no artigo 15 da convocatoria.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística é o órgano competente para instruír o procedemento administrativo e correspóndelle ao seu titular formular o informe proposta das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, segundo o estipulado na disposición adicional da Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro).
2. No artigo 18 das bases establécese que o prazo máximo para resolver a concesión de axudas non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da publicación da orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia (11 de xuño de 2021).
De acordo co anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta secretaría
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.151A.470.1 que figuran no anexo I desta resolución.
Segundo. Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente.
Terceiro. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos as axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 26 de maio de 2021, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021
Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística
ANEXO I
Número de expediente |
Solicitante |
Título |
Importe |
2021/0001 |
Xerme Edicións, S.L. |
Relixión Católica. 6º Primaria. A nosa casa |
4.180,00 € |
2021/0002 |
Xerme Edicións, S.L. |
Relixión Católica. 4º Primaria. A nosa casa |
4.180,00 € |
2021/0003 |
Xerme Edicións, S.L. |
Lingua 5 Primaria. Máis Celme |
6.778,26 € |
2021/0004 |
Grupo Anaya, S.A. |
Lingua 3 Primaria |
6.589,96 € |
2021/0006 |
Grupo Anaya, S.A. |
Lingua 5 Primaria |
5.836,83 € |
2021/0008 |
Grupo Anaya, S.A. |
Ciencias Sociais 5 Primaria |
6.552,31 € |
2021/0009 |
Grupo Anaya, S.A. |
Música 3 Primaria |
5.497,91 € |
2021/0010 |
Grupo Anaya, S.A. |
Música 5 Primaria |
5.648,54 € |
2021/0011 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Lingua Galega e Literatura 3. Proxecto Zoom |
6.138,08 € |
2021/0012 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Lingua Galega e Literatura 4. Proxecto Zoom |
6.025,11 € |
2021/0013 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Lingua Galega e Literatura 5. Proxecto Zoom |
6.175,74 € |
2021/0014 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Lingua Galega e Literatura 6. Proxecto Zoom |
6.326,37 € |
2021/0015 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 3. Proxecto Zoom |
3.898,00 € |
2021/0016 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 4. Proxecto Zoom |
5.287,00 € |
2021/0017 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 5. Proxecto Zoom |
4.502,00 € |
2021/0018 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 6. Proxecto Zoom |
4.742,00 € |
2021/0019 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 3. Proxecto Zoom |
5.542,00 € |
2021/0020 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 4. Proxecto Zoom |
5.987,45 € |
2021/0021 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 5. Proxecto Zoom |
5.537,00 € |
2021/0022 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 6. Proxecto Zoom |
6.138,08 € |
2021/0023 |
Baía Edicións A Coruña, S.L. |
Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato |
6.891,22 € |
2021/0024 |
Baía Edicións A Coruña, S.L. |
Filosofía 1º Bacharelato |
6.476,99 € |
2021/0025 |
Baía Edicións A Coruña, S.L. |
Física 2º Bacharelato |
5.686,20 € |
2021/0026 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias da Natureza 4º Primaria |
1.854,60 € |
2021/0027 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias da Natureza 6º Primaria |
1.892,20 € |
2021/0028 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias Sociais 4º Primaria |
1.942,32 € |
2021/0029 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias Sociais 6º Primaria |
1.917,26 € |
2021/0030 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lingua + 4 Primaria |
2.042,57 € |
2021/0031 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lingua + 6 Primaria |
2.055,10 € |
2021/0032 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lingua 4 (libro + caderno) |
2.092,69 € |
2021/0033 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lingua 6 (libro + caderno) |
2.192,94 € |
2021/0034 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Música 2 Tiroliro (libro + caderno) |
1.754,35 € |
2021/0035 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Música 4 Tiroliro (libro + caderno) |
1.804,48 € |
2021/0036 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Música 6 Tiroliro (libro + caderno) |
1.867,13 € |
2021/0037 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lequelé 4. Tarefas de comprensión lectora |
1.929,79 € |
2021/0038 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lequelé 6. Tarefas de comprensión lectora |
1.954,85 € |
2021/0039 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Ciencias da Natureza 3 Primaria |
2.192,94 € |
2021/0040 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Ciencias da Natureza 5 Primaria |
2.192,94 € |
2021/0041 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Ciencias Sociais 3 Primaria |
2.380,91 € |
2021/0042 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Ciencias Sociais 5 Primaria |
2.380,91 € |
2021/0043 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Lingua 3 Primaria |
2.293,19 € |
2021/0044 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Lingua + 3 Primaria |
2.506,22 € |
2021/0045 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Lingua 5 Primaria |
2.305,72 € |
2021/0046 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Lingua + 5 Primaria |
2.506,22 € |
2021/0047 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Música 1 Primaria |
1.917,26 € |
2021/0048 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Música 3 Primaria |
1.917,26 € |
2021/0049 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Música 5 Primaria |
1.917,26 € |
2021/0050 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Música 2 Primaria |
1.917,26 € |
2021/0051 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Música 4 Primaria |
1.917,26 € |
2021/0052 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Música 6 Primaria |
1.917,26 € |
2021/0053 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Lingua 4 Primaria |
2.293,19 € |
2021/0054 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Ciencias da Natureza 4 Primaria |
2.192,94 € |
2021/0055 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Libromedia Ciencias Sociais 4 Primaria |
2.192,93 € |
2021/0057 |
Rinoceronte Editora, S.L.U. |
Petiscos. Unha ducia de aventuras |
4.503,00 € |
2021/0058 |
Rinoceronte Editora, S.L.U. |
Petiscos+. Máis alá da lectura |
2.638,00 € |
ANEXO II
Número de expediente |
Solicitante |
Título |
Motivo de denegación |
2021/0005 |
Grupo Anaya, S.A. |
Lingua 3 Primaria – caderno |
Artigo 8.2 (valórase conxuntamente co expediente anterior) |
2021/0007 |
Grupo Anaya, S.A. |
Lingua 5 Primaria – caderno |
Artigo 8.2 (valórase conxuntamente co expediente anterior) |
2021/0056 |
Javier Blanco Carballal |
Unidade Didáctica Xeoparque Montañas do Courel |
Artigo 15, penúltimo parágrafo. Non acadar a puntuación mínima |
2021/0059 |
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
Práctica de Lingua Galega con apéndice gramatical para ESO, Bacharelato e probas oficiais |
Artigo 15, penúltimo parágrafo. Non acadar a puntuación mínima |