Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40663

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR353A).

BDNS (Identif.): 545137.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, nunha contía de 4.383.547,20 euros para a anualidade de 2021 e de 6.575.320,80 euros para a anualidade de 2022, na aplicación orzamentaria 11.05.322A.460.2 (código de proxecto 2014 00543), así como nun importe de 106.500,00 euros para o ano 2022, na aplicación orzamentaria 11.05.322A.460.1 (código de proxecto 2014 00543).

Segundo. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade