Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41453

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

En consecuencia, a proposta da Consellería de Sanidade e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación correspondente da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Nesta publicación figuran tamén postos aos que foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de setembro de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 185, do 28 de setembro).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de xullo de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file