Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41442

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Social e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación correspondente da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PS.C07.00.000.15770.100

Xefatura Servizo de Información Xuvenil

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Para os postos de Xefatura Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa e de Voluntariado e Participación foron clasificadas as excepcionalidades da súa cobertura polo sistema de libre designación na Resolución do 28 de xullo de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de xullo de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social (DOG núm. 150, do 8 de agosto).

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO

CE

CONCURSO ESPECÍFICO

LD

LIBRE DESIGNACIÓN

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

640

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.)

641

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.)

954

PERMISO CONDUCIR B (R.I.)

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.

A12

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN LOCAL

A15

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E PERSOAL ESTATUTARIO DO SERGAS E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

A17

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E PERSOAL DOCENTE CON DESTINO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

ECO

ECONÓMICO-ORZAMENTARIA

PER

PERSOAL

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B12

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE RESPONSABILIDADE