Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41424

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

En consecuencia, a proposta da Consellería do Medio Rural e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación correspondente da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a relación de postos de traballo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

MR.A11.00.002.15770.002

Xefatura Departamento Coordinación Administrativa

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

MR.A11.20.003.15080.001

Director/a Centro de Formación e Experimentación

– Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

Con persoas internadas, en situación de dependencia ou en formación, ou menores tutelados pola Administración autonómica.

De formación profesional integrado de titularidade pública

MR.A11.21.003.15120.001

Director/a Centro de Formación e Experimentación

MR.A11.22.003.27500.001

Director/a Centro de Formación e Experimentación

MR.A11.23.003.27300.001

Director/a Centro de Formación e Experimentación

MR.A11.24.003.27060.001

Director/a Centro de Formación e Experimentación

MR.A11.25.003.36001.001

Director/a Centro de Formación e Experimentación

MR.A11.26.003.15010.001

Director/a Centro Investigac. Agrarias Mabegondo

– Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

De investigación e innovación en que se desenvolvan proxectos que poidan supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia

MR.A11.29.003.36480.001

Director/a Estación Experimental

– Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

Con persoas internadas, en situación de dependencia ou en formación, ou menores tutelados pola Administración autonómica.

De formación profesional integrado de titularidade pública

MR.A11.30.003.15010.001

Director/a Laboratorio

– Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

De investigación e innovación en que se desenvolvan proxectos que poidan supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia

MR.A11.31.003.32400.001

Director/a Estación de Viticultura e Enoloxía

MR.A11.33.003.36001.001

Director/a Centro Investigación Forestal Lourizán

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de xullo de 2021, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file