Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41544

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 2 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI435B).

Mediante a Resolución do 2 de marzo de 2021 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade para o ano 2021.

Trátase das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (código de procedemento SI427B), financiado con fondos propios da comunidade autónoma.

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (código de procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Programa-procedemento

Aplicación

Cód. do proxecto

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Total (€)

Fomento da conciliación (SI435B)

11.02.312G.460.1

2021 00061

1.475.000,00

1.475.000,00

Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A)

11.02.313B.460.0

2021 00063

500.000,00

500.000,00

Apoio aos CIM (SI427B)

11.02.313B.460.0

2015 00144

3.359.894,00

1.600.000,00

4.959.894,00

Sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C)

11.02.313D.460.1

2018 00112

500.000,00

500.000,00

Total

5.834.894,00

1.600.000,00

7.434.894,00

Con data do 22 de xuño de 2021, DOG núm. 117, publicouse a Resolución do 9 de xuño de 2021 pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021. No anexo II (lista de agarda) da Resolución do 9 de xuño de 2021, son 30 as solicitudes susceptibles de axuda do Programa fomento da conciliación (SI435B) que quedan na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas no caso de que quede crédito libre por producirse algunha renuncia ou ben por ampliación do crédito inicialmente dispoñible segundo o especificado no artigo 2.2 das bases reguladoras.

Por Resolución do 23 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, publicada no DOG nº 145, do 30 de xullo, ampliouse e redistribuíuse a dotación orzamentaria da Resolución do 2 de marzo de 2021. Con esta ampliación orzamentaria o crédito total dispoñible para atender as axudas previstas na citada Resolución do 2 de marzo de 2021 para o Programa de fomento da conciliación (SI435B) quedou establecido en 1.850.818,43 € euros:

Aplicación

Cód. do proxecto

Importe

Ampliación

Total

11.02.312G.460.1

2021 00061

1.475.000,00

375.818,43

1.850.818,43

Segundo o artigo 17.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Tendo en conta que se dan os supostos previstos nos artigos 2.2 e 15.4 das bases reguladoras, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, e con base na valoración realizada pola comisión de valoración prevista no artigo 15.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación e redistribución do crédito destinado a estas axudas, as subvencións para as entidades locais para o Programa fomento da conciliación (SI435B) que se indican no anexo, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 16 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo, por un importe total de 378.525,94 euros, na aplicación orzamentaria 11.02.312G.460.1, proxecto de gasto 2021.00061, coa denominación «FOMENTO DA CONCILIACIÓN E DA CORRESPONSABILIDADE» consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Segundo. De acordo co establecido no artigo 21.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez que se realice a notificación da resolución. O 25 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

Así mesmo, de acordo co establecido no artigo 20.1 da convocatoria, a data límite para a presentación da documentación xustificativa da actuación subvencionada necesaria para proceder ao pagamento da subvención finaliza o 11 de outubro de 2021.

Dentro do dito prazo, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación común e a específica correspondente á actuación subvencionada relacionada no artigo 20.3 da convocatoria. De acordo co establecido no artigo 12 bis das bases reguladoras, a presentación da documentación deberá realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Terceiro. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo desta resolución do seguinte:

a) Estas axudas son incompatibles con outras axudas públicas para a mesma actuación ou actividade nos termos establecidos no artigo 3 da convocatoria.

b) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e as obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na demais normativa europea de aplicación, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 22 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

c) No artigo 6.7 e no artigo 24 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, á minoración da subvención inicialmente concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Concesións

Nº de expediente

Entidade (orde puntuación)

NIF

Nome da medida

Gasto elixible * (€)

Puntos

Importe concesión segundo puntuación (€)

SI435B-2021-03

Concello de Soutomaior

P3605300G

Soutomaior concilia: campamento de verán

24.328,74

36

15.000,00

SI435B-2021-101

Concello de Cee

P1502300E

Programa respira

20.938,86

36

15.000,00

SI435B-2021-140

Concello de Miño

P1504900J

Respira Miño

21.972,41

36

15.000,00

SI435B-2021-29

Concello da Cañiza

P3600900I

Programa educativo de verán eu quero ser

7.266,00

35

5.812,80

SI435B-2021-38

Concello de Taboada

P2706000C

Campamento de verán en Taboada

11.729,60

34

9.383,68

SI435B-2021-06

Concello de Castro de Rei

P2701000H

Concilia Castro de Rei

22.571,89

34

15.000,00

SI435B-2021-22

Concello de Baños de Molgas

P3200800E

Servizo de conciliación en vacacións escolares

5.866,00

33

4.692,80

SI435B-2021-19

Concello de Catoira

P3601000G

Programa de fomento da conciliación

14.800,00

33

11.840,00

SI435B-2021-131

Concello de Meaño

P3602700A

Ludoconcilia Meaño no verán somos iguais

25.266,28

32

15.000,00

SI435B-2021-07

Concello de Betanzos

P1500900D

Betanzos concilia

15.052,66

32

12.042,13

SI435B-2021-47

Concello de Poio

P3604100B

Espazo concilia

12.097,40

32

9.677,92

SI435B-2021-65

Concello de Moaña

P3602900G

Programa ven e xoga

20.231,69

32

15.000,00

SI435B-2021-66

Concello de Baiona

P3600300B

Escola de verán

16.107,50

32

12.886,00

SI435B-2021-84

Concello de Viveiro

P2706700H

Programa respira

13.951,00

32

11.160,80

SI435B-2021-95

Concello da Guarda

P3602300J

Campamento de verán

25.883,65

32

15.000,00

SI435B-2021-124

Concello de Tui

P3605500B

Igual é máis

21.000,00

32

15.000,00

SI435B-2021-91

Concello de Redondela

P3604500C

Programa municipal de conciliación

21.935,87

32

15.000,00

SI435B-2021-52

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Ponte Caldelas concilia

8.855,00

31

7.084,00

SI435B-2021-83

Concello de Rianxo

P1507300J

Medidas de conciliación do Concello de Rianxo

24.642,11

31

15.000,00

SI435B-2021-45

Concello de Meis

P3602800I

Conciliación de maiores Casa de Escudeiro

9.364,99

30

7.491,99

SI435B-2021-137

Concello de Celanova

P3202500I

Conciliación e igualdade en Celanova

21.000,00

30

15.000,00

SI435B-2021-53

Concello de Mazaricos

P1504600F

Conciliamos no verán

23.387,00

29

15.000,00

SI435B-2021-05

Concello de Moeche

P1505000H

Campamento de conciliación familiar

10.200,00

29

8.160,00

SI435B-2021-123

Concello de Coristanco

P1502900B

Respira Coristanco

10.367,28

28

8.293,82

SI435B-2021-46

Concello de Cangas

P3600800A

Programa enredos

25.638,00

28

15.000,00

SI435B-2021-60

Concello de Ferrol

P1503700E

Campamentos infantís, urbanos e rurais

56.000,00

28

15.000,00

SI435B-2021-119

Concello de Cambre

P1501700G

Concilia Cambre

36.000,00

28

15.000,00

SI435B-2021-133

Concello de Pontevedra

P3603800H

Programa de conciliación somos iguais

21.000,00

28

15.000,00

SI435B-2021-02

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Programa concilia

20.122,76

26

15.000,00

SI435B-2021-31

Concello de Chantada

P2701600E

Chantacampamentos

21.000,00

26

15.000,00