No DOG núm. 126, do 5 de xullo de 2021, publícase a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade.
Con data do 8 de xullo, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria, abrindo o prazo de presentación de solicitudes. Finalizado o dito prazo e de acordo co establecido na devandita orde, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade convocado pola Orde do 23 de xuño de 2021 (DOG núm. 126, do 5 de xullo).
A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal
A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas na quenda de mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución. Na quenda de promoción interna non hai persoas aspirantes excluídas.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da súa exclusión serán excluídos definitivamente.
Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.
As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.
A Estrada, 17 de agosto de 2021
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas. Quenda de mobilidade
NIF |
Apelidos e nome |
Motivo da exclusión (cód.) |
***6933*** |
Noya Señoráns, Francisco Javier |
1 |
Causas de exclusión:
Cód. |
Descrición |
1 |
Non acredita ter en propiedade a categoría de oficial cunha antigüidade mínima de tres anos |